Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

11/08/20 | 12:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O portal de transparencia da Xunta recibiu desde a súa posta en marcha case 555.000 visitas con máis de 2 millóns de páxinas consultadas

As dúas páxinas máis vistas entre os meses de maio e xuño están relacionadas coa información incluída na plataforma para centralizar os contidos sobre a covid-19

30/07/20 | 17:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reúnese con responsables da Generalitat de Cataluña para trasladarlles os detalles da organización electoral e as medidas sanitarias aplicadas

A directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García-Señoráns, e o subdirector xeral de coordinación de servizos transversais e coordinador de prevención das eleccións, Emilio de la Iglesia, participaron na videoconferencia

09/07/20 | 15:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta repartiu aos locais electorais o material de prevención e protección preciso para votar con seguridade o domingo

Un dos locais do concello de Friol acolleu hoxe unha demostración para poñer en práctica as medidas de prevención sanitaria recollidas no protocolo elaborado polo Goberno galego

08/07/20 | 16:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
03/07/20 | 14:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O número 59 da Revista Galega de Administración Pública incluirá dous artigos sobre a covid-19

A publicación analizará a relación entre o dereito local e a actividade municipal durante os últimos meses e a responsabilidade patrimonial do Estado como consecuencia da crise por Covid-19

01/07/20 | 17:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 570 aspirantes realizan hoxe a proba de coñecemento para optar a 139 prazas de auxiliares de policía local

O recinto feiral da Fundación da Semana Verde acolle o segundo exercicio do proceso selectivo centralizado e da proba de galego

01/07/20 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A ética pública centrará o contido do próximo número da revista Administración&Cidadanía

O número 1 volume 15 da revista incluirá varios artigos sobre a prevención da corrupción na Administración pública e o fomento da integridade

16/06/20 | 13:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina case 340.000€ aos concellos de Pontevedra para a contratación de 112 socorristas

O Goberno galego apoiará aos concellos da comarca do Salnés con 88.413,48 euros para contratar durante xullo e agosto a 29 socorristas

10/06/20 | 12:01 | C. de Facenda e Administración Pública

O DOG publica hoxe as listas provisionais de admitidos e excluídos en diversos procesos selectivos de seguridade e saúde laboral

O sistema selectivo será o de concurso-oposición, e as relacións de persoas admitidas e excluídas pódense consultar no portal web corporativo da Xunta

04/06/20 | 17:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Comeza a formación en Vigo dos coordinadores de prevención da xornada electoral que terá lugar o vindeiro 12 de xullo

A formación dos 133 coordinadores descentralizouse nas cinco delegacións territoriais, e en Santiago de Compostela e Ferrol