Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

12/01/22 | 13:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O stand da Xunta en Fitur acollerá máis de medio cento de presentacións de produtos e destinos turísticos galegos

Nun stand de máis de 1.000 metros cadrados tamén haberá mostras de produtos enograstronómicos galegos e contará coa participación de profesionais e de persoal do Centro Superior de Hostelería de Galicia

10/01/22 | 12:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta presentará a Galicia en Fitur como destino aberto ao turismo internacional da man do Xacobeo

Nun stand de máis de 1.000 metros cadrados confluirán os valores tradicionais da oferta turística galega coa imaxe dunha Galicia nova en constante transformación, co Camiño de Santiago como eixo central

08/01/22 | 12:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A piques de rematar as obras de mellora do albergue de Ribadeo, no que a Xunta inviste máis de 48.000 euros

Esta actuación está integrada no Plan de obras e melloras nos albergues da rede pública no Camiño de Santiago, que suporá a posta a punto doutros 13 inmobles da provincia

07/01/22 | 10:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O receitario “Cociña de abordo” de Pereira chega ao albergue de peregrinos Juan Manuel López-Chaves

A representante autonómica, que cifrou en preto de 2.000 os peregrinos que fixeron estancia no albergue vigués, apostou por aproveitar o tirón do Camiño Portugués da Costa e a oportunidade que supón o Xacobeo para dar a coñecer a gastronomía galega

04/01/22 | 20:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta recibe o segundo ano do Xacobeo coa iluminación de máis dun cento de monumentos en 75 localidades de 6 países

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, visitou a iluminación na Casa do Concello de O Porriño no marco da iniciativa #AcendeOXacobeo

04/01/22 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora a contorna do centro de saúde de Soutomaior para uso da veciñanza e área de descanso para os peregrinos

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda visitou esta mañá co alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera o acondicionamento da contorna do centro de saúde

01/01/22 | 13:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Camiño de Santiago supera tódalas expectativas e pecha o ano con case 180.000 Compostelas

A peregrinación nas rutas xacobeas consolidouse no primeiro ano do Xacobeo e as 140.000 Compostelas previstas para 2021 xa se acadaron o pasado setembro

29/12/21 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 800.000 euros a mellorar as infraestruturas turísticas de 28 concellos rurais de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que o obxectivo “é potenciar o turismo como factor de crecemento económico e de reequilibrio territorial”

28/12/21 | 23:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Sanidade

Xunta e ocio nocturno chegan a un acordo sobre as medidas a adoptar ante a covid durante o Nadal

Os negocios de ocio nocturno poderán optar entre abrir do 30 de decembro ao 2 de xaneiro ou optar a unha liña de axudas con tramos en función dos metros do local

28/12/21 | 13:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Catedral de Santiago acollerá unha actuación de luz, cor e música para dar a benvida á segunda parte do Xacobeo

A fachada da Quintana iluminarase nun espectáculo de videomapping con efectos especiais 3D, cor e son e servirá para darlle a benvida ao segundo Ano Santo deste Xacobeo