Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

11/11/21 | 12:27

A Xunta amplía o orzamento das axudas periódicas ás vítimas da violencia de xénero para atender todas as solicitudes que se reciban ata finais de ano

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o incremento orzamentario desta convocatoria en preto de 200.000 euros

10/11/21 | 14:28

A xornada ‘Agresión off’ da Xunta no Campus de Ourense pon o foco na pornografía, na explotación e no supremacismo masculino

O Goberno galego levou hoxe ao campus ourensán as xornadas coas que, con motivo do día 25-N contra a violencia de xénero, pretende sensibilizar á mocidade

08/11/21 | 10:35 | C. do Medio Rural

A Xunta enxalza o labor levado a cabo polos grupos de desenvolvemento rural de Galicia para erradicar a violencia de xénero

Apostando pola igualdade no medio rural, José González reafirmou o compromiso do seu departamento coas mulleres dándolles prioridade en normas como a Lei de recuperación da terra e en axudas como as de incorporación ao agro

07/11/21 | 12:04

A Xunta inicia un amplo programa con motivo do 25-N con xornadas de sensibilización na universidade e formación nos concellos contra a violencia de xénero

As actividades polo Día internacional contra a violencia de xénero comezan mañá en Santiago coa III Xornada de sensibilización e prevención da violencia sexual entre a mocidade, que se desenvolverá nos sete campus universitarios

06/11/21 | 11:55

A Xunta distingue á catedrática de Medicina Legal e Forense, Victoria Lareu Huidobro, co Premio María Josefa Wonenburger para mulleres científicas

A Unidade Muller e Ciencia da Xunta comunicou no seu pleno a decisión de outorgar o galardón a esta compostelá, directora do Instituto de Ciencias Forenses da Universidade de Santiago

04/11/21 | 20:01

A Xunta aposta en Vigo por impulsar e dar a coñecer o traballo das mulleres emprendedoras para construír “unha Galicia máis igualitaria”

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, clausurou hoxe o acto de entrega da Camelia á viguesa do ano, un distintivo que outorga cada ano a Asociación Mulleres en Igualdade de Vigo

02/11/21 | 18:40

Emprego e Igualdade presenta uns orzamentos “expansivos” con 380 M€ que priorizan a inserción laboral das mulleres e a mocidade

As contas da Consellería de Emprego e Igualdade medran un 9,2%, dous puntos porcentuais por enriba da media da Xunta

31/10/21 | 08:13

Doce mulleres emprendedoras realizarán o percorrido do Camiño entre Olveiroa e Fisterra para reforzar o rumbo das súas empresas e gañar seguridade

A Consellería de Emprego e Igualdade convidou a 12 mulleres do programa Emega de emprendemento feminino a vivir dúas xornadas de convivencia no Camiño, que se celebrarán o 13 e 14 de novembro grazas ao programa EncamiñarRSE

29/10/21 | 19:30

A Xunta destaca en Vigo o labor dos graduados sociais para acadar unhas relacións laborais máis xustas que respecten os dereitos dos traballadores

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe en Vigo no 40 aniversario do Colexio Oficial de Graduados Sociais de Pontevedra