Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 559 novas da área temática i+D+i:

26/03/21 | 13:00 | C. de Economía e Industria

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita o laboratorio oficial de metroloxía de Galicia

Gabriel Alén subliñou a “fundamental achega deste laboratorio á I+D+i pois colabora no desenvolvemento dun proceso innovador no campo da metroloxía, tanto na parte técnica como na posterior normalización, contribuíndo á mellora da competitividade do tecido industrial galego”

25/03/21 | 13:07 | C. de Economía e Industria

Un consorcio de empresas galegas desenvolve co apoio da Xunta unha solución para a xestión dixital e sostible do monte a través do uso de drons

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou hoxe en Cervo na xornada de peche do proxecto Xestal, desenvolto por Aeromedia, Cerna, Balidea e Greenalia, coa colaboración do Instituto Tecnológico de Galicia (ITG) e da Universidade de Santiago de Compostela

22/03/21 | 12:50 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca que a Unidade Mixta da EDAR de Bens suporá un cambio cara a un modelo enerxético máis eficiente e sustentable da cidade da Coruña extrapolable ao resto de Galicia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, visitou hoxe as instalacións coruñesas con motivo da presentación da consolidación da UMI de Gas Renovable

20/03/21 | 11:08 | C. de Economía e Industria

A Xunta destaca o esforzo e implicación do CTAG por deseñar proxectos para promover a mobilidade eléctrica, autónoma, conectada e sustentable

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, reuniuse co director do Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia, Luis Moreno, para avaliar as iniciativas coas que pretende captar fondos europeos

15/03/21 | 18:40 | A Presidencia da Xunta

Feijóo valora os resultados do Programa Oportunius que permitiu captar máis de 41 M€ de financiamento e xerar preto de 100 empregos

Salientou que en 2021 se incorporan dous investigadores estranxeiros por primeira vez, “o que corrobora que o programa se consolida como un mecanismo efectivo para a atracción do talento internacional”

15/03/21 | 13:12 | C. de Economía e Industria

Un consorcio de empresas galegas desenvolve un sistema automatizado, intelixente e autónomo para alimentar especies cultivadas en mar aberto co apoio da Xunta

Trátase dun desenvolvemento tecnolóxico integramente galego, liderado por Feeding Systems coa participación das empresas Quantum Innovative, Engranor e Montajes Cancelas e a colaboración dos grupos de investigación da Universidade de Vigo CIMA e ECIMAT

15/03/21 | 12:01 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 723 proxectos de mellora da competitividade das pemes galegas a través do programa ReAcciona

As axudas aprobadas nas catro convocatorias de 2020 desta liña van mobilizar máis de 3M€, achegando respostas ao tecido empresarial sobre como afrontar o novo contexto económico provocado pola covid-19

11/03/21 | 14:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a Innolact para impulsar melloras tecnolóxicas e poñer en marcha unha planta que transformará os residuos da industria en Biogás

A Consellería do Medio Rural achega preto de 430.000 euros á empresa instalada en Castro de Rei para levar a cabo investimentos por valor de 1,6 millóns de euros

11/03/21 | 13:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta e o Grupo Lence analizan os apoios á innovación dirixidos á industria alimentaria

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, visitou esta mañá a planta que a empresa Leite Río ten no polígono do Ceao (Lugo) para coñecer os novos proxectos que están desenvolvendo

10/03/21 | 15:14 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia a creación de Celtarys Research, spin off da USC que desenvolve ferramentas fluorescentes para acelerar o descubrimento de fármacos

O equipo promotor validou esta tecnoloxía no marco do proxecto Fluorotools, dentro do programa Ignicia que desenvolve a Administración autonómica en colaboración coa Fundación Barrié