Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

21/04/21 | 13:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta mellora o equipamento dos efectivos de emerxencias de Lalín cun novo camión para intervencións en zonas de difícil acceso

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe dun camión de emerxencias destinado a actuacións de salvamento e contraincendios en áreas rurais con rúas estreitas

20/04/21 | 14:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia de contar con servizos de emerxencias ben equipados e preparados para reducir riscos ante calquera incidencia

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na clausura da reunión do Consello Asesor da Fundación Inade

19/04/21 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a importancia da coordinación dos efectivos de emerxencias na loita contra os lumes

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, reuníronse cos delegados territoriais da Xunta para poñer en común os recursos dispoñibles para a intervención ante os incendios forestais

19/04/21 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levou a cabo 96 dispositivos na fin de semana dentro dos controis das medidas para evitar a propagación da covid

Identificáronse 129 persoas nas labores de vixilancia que se realizaron en 37 concellos galegos e que se saldaron con 41 denuncias

19/04/21 | 11:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta asina co Concello da Estrada o protocolo para a construción do novo edificio xudicial da Estrada

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde asinaron o acordo para regular o proceso que permitirá unificar os dous xulgados do municipio e atender as necesidades do partido xudicial

16/04/21 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica identifica aos responsables da captura de 143 troitas en ríos da provincia da Coruña tras difundir os autores un vídeo dos feitos nas redes sociais

Os axentes impuxeron proposta de sanción as dúas persoas responsables da captura debido a que a maioría dos exemplares non acadaban o talle mínimo esixido pola normativa

15/04/21 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta entrega un vehículo eléctrico para labores ambientais á Policía Local de Tui

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá concellos que recibiu un este vehículo solicitado ao abeiro do Fondo de Compensación Ambiental

14/04/21 | 19:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López prepara os operativos de emerxencias na provincia de Pontevedra nunha reunión cos responsables técnicos

O delegado territorial considera “fundamental” ter o dispositivo actualizado para seguir dando respostas “áxiles e eficientes” á cidadanía en caso de incidencia

12/04/21 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica levou a cabo 79 dispositivos na fin de semana dentro dos controis das medidas para evitar a propagación da covid

Identificáronse 47 persoas nas labores de vixilancia que se realizaron en 25 concellos galegos e que se saldaron con 8 denuncias