Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Comercio:

14/06/22 | 12:50 | C. de Sanidade

Ados conmemora o Día Mundial do Doante de sangue coa cifra récord de tres millóns de doazóns

O 14 de xuño establécese como a data para homenaxear aos doantes de sangue e concienciar á poboación sobre a necesidade de doar

14/06/22 | 11:48 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.976 casos activos por coronavirus

Un total de 615.317 pacientes xa están curados

13/06/22 | 14:46 | C. de Sanidade

A Xunta actualiza o programa de atención ao infarto que permitiu reducir os tempos medios de atención sanitaria nos últimos anos

O obxectivo de Progaliam é mellorar a expectativa e calidade de vida do paciente con infarto agudo, así como promover a equidade no acceso ás prestacións do sistema sanitario, independentemente do emprazamento xeográfico do doente

En Galicia, o tempo medio desde o electrocardiograma de diagnóstico ata a apertura da arteria sitúase 20 minutos por debaixo do indicador de calidade da Sociedade Española de Cardioloxía 
 
O lapso entre o primeiro contacto médico e a chegada á sala de hemodinámica tamén se reduciu en case 10 minutos, nos últimos 5 anos

A Xunta destinará case 6 millóns de euros, procedentes dos fondos europeos Next Generation, á ampliación e renovación das salas de hemodinámica dos hospitais galegos
13/06/22 | 12:18 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 82 persoas por 57 accidentes de circulación durante a fin de semana

Desde as 15,00 horas do venres, 10 de xuño ata as 23,59 horas do domingo, 12 de xuño, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 82 chamadas por accidentes de tráfico

13/06/22 | 11:04 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 8.853 casos activos por coronavirus

Un total de 614.518 pacientes xa están curados

11/06/22 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta incorpora O Parrote ao programa de vixilancia sanitaria das zonas de baño

Esta actuación garante que o baño realizarase cumprindo a calidade sanitaria das augas

11/06/22 | 12:30 | C. de Sanidade

Sanidade subvenciona con 250.000 euros a 18 entidades sen ánimo de lucro para realizar programas de carácter sociosanitario

O orzamentos para estas axudas incrementáronse un 40% respecto ás do pasado ano, cando o crédito previsto foi de 178.269 euros

11/06/22 | 10:39 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.437 casos activos por coronavirus

Un total de 612.796 pacientes xa están curados

10/06/22 | 18:22 | C. de Sanidade

O conselleiro de Sanidade destaca o papel de Galicia como referente a nivel nacional no tratamento da dor

No marco das xornadas "Dor oncolóxica: Segundo Tecnoforum", García Comesaña lembrou que para o Sergas a atención á dor, na que leva traballando máis dunha década, é unha das súas liñas estratéxicas

10/06/22 | 11:16 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 9.376 casos activos por coronavirus

Un total de 611.912 pacientes xa están curados