Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

28/08/22 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas autonómicas das provincias de Pontevedra e de Ourense

As tarefas de limpeza realizaranse na OU-801, OU-171, PO-400, PO-340 e na PO-904, beneficiando aos concellos de Padrenda, Carballiño, O Irixo, Crecente, Arbo e Tui

27/08/22 | 09:04 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O novo Hospital Público da Coruña construirase seguindo criterios de calidade, singularidade e eficiencia enerxética e incluirá materiais de proximidade

A estrutura prevista permitirá aproveitar a luz natural e a enerxía calorífica do sol minimizando o consumo enerxético

26/08/22 | 13:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O avance nas obras de mellora do firme de tres estradas da zona sur de Lugo suporán afeccións ao tráfico os días 29 e 30 de agosto na LU-603, en Pantón

A LU-603 estará totalmente cortada ao tráfico entre as 8:00 horas da mañá e as 19:00 horas da tarde cada un destes dous días

26/08/22 | 12:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de acondicionamento da drenaxe nas vías dos pasos inferiores da autovía do Barbanza, no concello de Dodro

As obras iniciaranse previsiblemente nas vindeiras semanas e suporán un investimento autonómico de máis de 22.000 euros

25/08/22 | 13:52 | C. do Medio Rural

A Xunta avanza a publicación dunha convocatoria de axudas para impulsar o uso da madeira no eido da construción

Jacobo Aboal adiantou que esta liña de achegas financiará os custos na redacción dos proxectos de execución, así como do material de madeira sempre que a edificación incorpore unha porcentaxe mínima deste material

25/08/22 | 13:18 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
24/08/22 | 11:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata unha senda peonil en Xesteira, no concello de Cerdedo-Cotobade, para mellorar a seguridade viaria na estrada PO-233

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde, Jorge Cubela, supervisaron o novo itinerario seguro deste lugar da parroquia de Almofrei, que ten unha lonxitude de 280 metros e supuxo un investimento de 48.000€

23/08/22 | 15:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta vai investir 427.000 € para rematar as obras das concentracións parcelarias de Nigoi-Arca, Codeseda e Monte Val do Vea, no Concello da Estrada

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, mantivo unha reunión informativa co alcalde, José López, para informar deste investimento, que permitirá finalizar tres procesos que roldan as 2.000 hectáreas e benefician a 2.005 propietarios

23/08/22 | 14:02 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta supervisa as obras de mellora da seguridade viaria e da mobilidade na estrada OU-304 en Tixós, no concello de Baltar

Gabriel Alén explicou que a intervención, que conta cun investimento de preto de 50.000 euros, céntrase na execución de novas beirarrúas na zona e dispón dun prazo de execución de 4 meses

23/08/22 | 12:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras dunha senda peonil na estrada autonómica PO-252, en Pazos de Borbén

A actuación supuxo un investimento autonómico próximo aos 45.000 euros