Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

20/11/21 | 12:13

A Xunta premia os traballos gráficos e audiovisuais de centros escolares de Lugo, Navia de Suarna, Ferrol, Lalín, Sanxenxo e Santiago no concurso polo 25-M

O xurado recoñeceu o valor das propostas presentadas por estudantes na transmisión de mensaxes claras en contra da violencia sobre a muller, a orixinalidade e calidade e a participación activa do alumnado nas propostas

19/11/21 | 13:00

A Xunta celebra o 25 aniversario do programa Emega de emprendemento feminino co que se apoiará este ano a creación de 234 negocios e o emprego de 512 mulleres

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe por vídeo no acto de conmemoración desta iniciativa autonómica, que contará en 2022, tras un aumento do 20%, cun orzamento de 4,2 millóns, a partida máis elevada da súa historia

18/11/21 | 19:16

A Xunta promove a formación especializada dos procuradores vigueses en asistencia ás vítimas da violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou en Vigo nnha sesión formativa sobre violencia de xénero organizada polo Colexio de Procuradores

18/11/21 | 17:51

Luis López salienta o "forte compromiso" da Xunta co emprendemento feminino na súa visita á cooperativa "Dalle que Dalle" en Vilagarcía

O delegado territorial coñece o proxecto Woman Code deste espazo de coworking, financiado polo Plan Emega da Consellería de Emprego e Igualdade con 10.000€, con motivo do Día Internacional da Muller Emprendedora

18/11/21 | 11:12 | A Presidencia da Xunta

A Xunta sitúase á vangarda da igualdade no sector público co 71% de mulleres funcionarias e polo seu compromiso para derrubar as fendas de xénero

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, participou hoxe por vídeo na inauguración do III Congreso da Asociación de Mulleres no Sector Público, onde destacou a Galicia como referente para acadar a igualdade plena

17/11/21 | 11:19

A Xunta pon en valor o compromiso de Galicia contra a violencia dixital na xornada ‘Agresión OFF’ celebrada hoxe no campus de Pontevedra

O Goberno galego levou hoxe ao campus de Pontevedra as xornadas coas que, con motivo do día 25-N contra a violencia de xénero, pretende sensibilizar aos máis novos

16/11/21 | 10:53

A Xunta celebra a xornada ‘Agresión OFF’ no Campus coruñés para que a mocidade recoñeza a violencia sexual e a combata desde as redes

O Goberno galego levou hoxe ao campus herculino as xornadas coas que, con motivo do día 25-N contra a violencia de xénero, pretende sensibilizar aos máis novos

14/11/21 | 15:09

Doce emprendedoras do programa Emega compartiron experiencias realizando o camiño entre Olveiroa e Fisterra

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, recibiu ás empresarias, todas elas beneficiarias do programa Emega da Xunta de emprendemento feminino, ao remate da ruta que iniciaron onte co obxecto de compartir vivencias

13/11/21 | 20:00

A Xunta apoia en Ourense con 50.000€ os proxectos de 15 Anpas para promover a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero entre o alumnado

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na Gala da Igualdade organizada pola Anpa do Conservatorio de Verín, unha actividade que forma parte do programa Soamos igual. É positivo! financiado polo Goberno galego

13/11/21 | 12:13 | C. do Medio Rural

A Xunta pon en valor as 24 andainas contra a violencia de xénero que percorren hoxe Galicia baixo a organización dos Grupos de Desenvolvemento Rural

O proxecto “O rural contra a violencia de xénero” contempla máis de medio cento de actividades deica o 25 de novembro nos ámbitos de actuación dos 24 GDR galegos, sendo a principal esta marcha simultánea contra o machismo