Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Emerxencias:

30/03/22 | 12:02 | C. do Medio Rural

A Xunta remata a parcelaria de Beán-Pereira II, no concello de Ordes, onde investiu máis de 2,5 millóns de euros

Este proceso permitiu reorganizar unha superficie de case 1.340 hectáreas, o que permitiu paliar o minifundismo presente na zona, dende o punto de vista da estrutura da propiedade

30/03/22 | 10:36 | C. do Medio Rural

A Xunta convoca 3 M€ en axudas á reestruturación e reconversión dos viñedos galegos para aumentar a profesionalización do sector

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta orde de achegas, cuxo prazo de presentación de solicitudes arranca mañá e se prolongará durante un mes

29/03/22 | 10:03 | C. do Medio Rural

A Xunta destina 200.000 euros ás axudas para a nova participación de produtores en réximes de calidade

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución coas bases da convocatoria, que contempla como subvencionables os custos fixos ocasionados pola inscrición nun réxime de calidade, así como a cota anual de participación

28/03/22 | 13:15 | C. do Medio Rural

Galicia suma máis adhesións ao acordo histórico entre a cadea de valor do sector cárnico e ternera gallega para frear a venda a perdas e dignificar o prezo da carne de vacún

Hoxe tivo lugar a segunda rolda de sinaturas coordinada pola Xunta coa finalidade de acadar un acordo subscrito pola maior parte desta cadea de valor

28/03/22 | 11:17 | C. do Medio Rural

A Xunta comparte cunha delegación do Perú a súa experiencia investigadora nos eidos lácteo, hortícola e frutícola

Preto dunha vintena de profesionais relacionados coa I+D+i -incluídos representantes do Goberno rexional de Tacna ou de sectores como a produción de oliveira e de ourego- desprazáronse ao Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo

27/03/22 | 10:41

O Centro de Formación e Experimentación Agraria de Monforte de Lemos acolle mañá a campaña de formación do ISSGA sobre o uso seguro do tractor

O alumnado deste centro participará entre as 10,00 horas e 12,00 horas na actividade que desenvolve o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) co título ‘A túa vida, sen voltas’

25/03/22 | 17:54 | C. do Medio Rural

Galicia impulsa un acordo histórico entre a cadea de valor do sector cárnico e Ternera Gallega para frear a venda a perdas e dignificar o prezo da carne de vacún

Trátase do inicio da rolda de sinaturas coordinada pola Xunta que proseguirá nos próximos días coa finalidade de acadar un acordo subscrito pola maior parte do sector

25/03/22 | 14:57 | C. do Medio Rural

O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na xornada dedicada a Galicia na 54ª Feira Internacional do Agro de Braga

Gabriel Alén destacou a aposta da Xunta de Galicia pola cooperación transfronteiriza para dinamizar a actividade socioeconómica en sectores tan importantes como o agroalimentario ou o turismo de proximidade a ambos lados da Eurorexión

25/03/22 | 13:35 | C. do Medio Rural

A Xunta pide ao Goberno central que lle permita traballar coas súas ferramentas para frear a venda a perdas no lácteo, que o Estado non é quen de atallar

José Balseiros definiu a Lei da cadea alimentaria como “papel mollado” e reclamou ao Ministerio que deixe actuar á Xunta con instrumentos como a aplicación informática Conta Láctea para facer efectiva a prohibición de venda a perdas