Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

02/09/21 | 16:53 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a Semana Abanca como o mellor evento náutico nacional e o 'máis galego que existe' conxugando piragüismo, remo, vela e esquí náutico

Tras a edición de 2020, que o secretario xeral valorou como “unha mostra do traballo en equipo e da correcta aplicación do protocolo FISICOVID”, serán 2.500 os deportistas que se darán cita ao longo das cinco sedes de Vigo, Marín, Sada, A Coruña e Cortegada nas que terán lugar un total de catorce actividades

02/09/21 | 14:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello do Cervo na mellora das pistas de padel no campo de fútbol da Veiga

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias as melloras levadas a cabo no concello ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

31/08/21 | 21:05 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa lamenta o pasamento de Fran Teixeira, 'figura indispensable para que o balonmán galego chegara ata onde chegou'

Lembra todos os equipos galegos que pasaron polas súas mans e aos que puido transmitirlle a súa sabedoría como Santa Cristina, Lalín, Mercantil, Teucro, Octavio e Chapela, no que militou nestes últimos 14 anos, e envía unha mensaxe de ánimo a todo o balonmán galego, especialmente aos seus familiares e amigos

31/08/21 | 16:42 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa equipara a fortaleza da frota española cos éxitos da vela galega na presentación do 36º Trofeo Príncipe de Asturias en Baiona

Gaba a medalla olímpica de Nico Rodríguez no 470 de Toquio, así como os diplomas de Támara Echegoyen no 49er FX e de Iago López Marra no 49er; que se suman a outros fitos históricos como a medalla de ouro da propia Támara e de Sofía Toro no Elliot 6metros de Londres 2012 ou a de Fernando Echávarri e Antón Paz no Tornado de Pequín 2008

31/08/21 | 15:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Lugo acolle esta semana unha concentración nacional de xadrez de alto nivel co apoio do programa da Xunta 'O Teu Xacobeo'

O delegado territorial do Goberno galego, Javier Arias, participou hoxe no acto de benvida ás persoas participantes na iniciativa, promovida pola Escola Luguesa de Xadrez

30/08/21 | 14:28 | Secretaría Xeral para o Deporte

Galicia afianza a súa posición como capital nacional do surf co campionato de España de Surfing 2021 en Valdoviño

Lete Lasa orienta o esforzo das institucións e federacións cara a tecnificación deste deporte en Galicia para acadar representación olímpica para os vindeiros Xogos que terán en lugar en París no ano 2024

30/08/21 | 13:19

A Xunta organizará actividades ambientais no marco da terceira proba da Tripla Coroa Illas Atlánticas para divulgar os valores do Parque Nacional

Do Campo subliña a importancia dun evento de carácter internacional coma este para visualizar que a protección e o uso público dos espazos naturais poden ser compatibles

27/08/21 | 15:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias presenta a Xacobeo Wild Race, a carreira que enfrontará aos atletas vigueses a 8 quilómetros de desafíos naturais en San Miguel de Oia

A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou o apoio da Xunta a este evento deportivo multidisciplinar e intimamente vencellado ao Camiño Portugués da Costa

27/08/21 | 14:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Lousame no acondicionamento da pista polideportiva de Vilacoba

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe as instalacións que van ser acondicionadas ao abeiro da Orde de Infraestrutura de uso público