Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta disporá en marzo do documento do Plan Hidrolóxico Galicia Costa 2021-2027 para sometelo ao proceso de consulta pública antes da súa aprobación definitiva neste mesmo ano
A nova planificación afondará na mellora da gobernanza na xestión da auga, terá especialmente en conta os eventos extremos derivados do cambio climático e abordará de forma diferenciada o abastecemento e saneamento rural
A Xunta insta á Dirección Xeral da Costa e o Mar a axilizar os trámites para poder avanzar na mellora da rede de saneamento e na execución dunha nova depuradora en Burela
Teresa Gutiérrez concreta que Augas de Galicia comezará este mes a supervisión do proxecto de mellora da rede de saneamento, cuxa redacción está case rematada
A Xunta inicia as obras da primeira fase de ampliación da rede de abastecemento de auga no concello de Mesía, cun investimento de máis de 576.000 euros
A actuación, cun prazo de 8 meses, ten como fin dotar de abastecemento á zona oeste do municipio e ás parroquias de San Cristovo, Visantoña e Olas
A Xunta contribúe a reducir a afección das augas residuais ao esteiro do Miñor xestionando as depuradoras dos concellos de Baiona, Nigrán e Gondomar, que deben actuar nas súas redes
A directora de Augas de Galicia destaca a colaboración cos concellos do Val Miñor nas responsabilidades de competencia municipal, así como o esforzo investidor para garantir a axeitada calidade dos servizos de auga que se dán aos veciños
A Xunta recibe 14 ofertas para o mantemento e conservación dos treitos interurbanos dos ríos de Galicia-Costa nos vindeiros 2 anos cun investimento de 5,6 M€, un 70% máis
Das ofertas, 5 están conformadas por UTE, o que supón un total de 19 empresas presentadas
A Xunta adxudica o servizo de explotación e mantemento da rede de estacións de seguimento dos niveis de caudais dos ríos da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa
Este contrato foi adxudicado por un importe de preto de 555.000 euros e terá unha duración de 24 meses
A Xunta recibe ofertas de 16 empresas para executar a mellora do abastecemento de Castro de Rei, que suporá un investimento de preto de 630.000 euros
O obxectivo é resolver os problemas para cubrir as demandas de auga en época estival no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea, desde onde tamén se abastece ao polígono industrial
A Xunta ofrece a súa colaboración ao Concello de Melide para completar a rede de saneamento na parroquia de Santa María, que suporá un investimento próximo aos 134.000 euros
A nova actuación permitirá realizar por gravidade a conexión das augas residuais das vivendas de Santa María que restan, para a súa conexión co colector xa executado a ambas as marxes da estrada N-547
A Xunta asinará neste primeiro trimestre do ano o convenio de colaboración co Concello de Leiro para mellorar o sistema de abastecemento de auga
O proxecto, xa redactado e supervisado, conta cun prazo de execución de catro meses e un investimento que ascende a máis de 330.000 euros
A Xunta licita a redacción do proxecto construtivo de mellora do funcionamento hidráulico do río Maior en Sada por preto de 70.000 €
As empresas interesadas neste traballo, cun prazo de execución de 6 meses, poden presentar as súas ofertas ata o día 11 de febreiro