Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

25/11/22 | 16:19

Galicia censura a configuración da Mesa Estatal da Ciencia Pesqueira polo escaso peso das comunidades e a ausencia de centros punteiros de investigación

A conselleira do Mar remitiu unha carta ao ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación pedindo que medie ante o Ministerio de Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática e se revise a constitución, composición e funcionamento da mesa para que sexa unha verdadeira aliada do sector pesqueiro

24/11/22 | 14:51

Preto do 80 % das confrarías de pescadores de Galicia revalidan no cargo ás súas patroas e patróns maiores

Hoxe foron proclamados definitivamente os representantes elixidos por 62 entidades do sector nas eleccións do pasado 29 de outubro

23/11/22 | 18:37

A Xunta pon en valor a evolución nos últimos 20 anos do sistema de resposta e actuación ante un eventual episodio de contaminación mariña accidental

A conselleira do Mar lembra que a comunidade avanzou moito tanto cientificamente como a nivel de medios e que é un dos espazos con maior protección ao contar cun Servizo de Gardacostas propio e ter incorporado importantes buques e equipamentos

22/11/22 | 21:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia solicita no Comité Europeo das Rexións que se revise e mellore a aplicación e o funcionamento da Política Pesqueira Común

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, representou hoxe a Galicia na reunión da comisión de Recursos Naturais (NAT) do Comité Europeo das Rexións onde se debateron as prioridades políticas para o ano 2023

22/11/22 | 20:00

Andalucía recoñece a aposta de Galicia pola economía azul e o crecemento das zonas costeiras da cornixa atlántica

A comunidade autónoma recibe este galardón pola súa participación, a través do Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar, no proxecto Atlazul xunto ás rexións portuguesas do Algarve e Alentejo e a propia Andalucía

21/11/22 | 16:46

A Xunta pon en valor iniciativas como ‘Marisco da Illa’ para promocionar a calidade dos produtos das rías galegas e impulsar a súa comercialización

Este tipo de accións enmárcanse nos plans de produción e comercialización postos en marcha polas organizacións de produtores pesqueiros e que contan co apoio das achegas que convoca anualmente o Executivo galego

20/11/22 | 12:46

O Centro A Aixola amplía a súa oferta formativa para o sector pesqueiro con tres cursos novos e suma un total de oito en 2023

A programación, de carácter gratuíto, supón máis de 1.900 horas de formación e inclúe novas accións de restauración de embarcacións en madeira, de inglés técnico marítimo e de prevención de riscos na pesca

19/11/22 | 10:20

Os Premios Economía Azul entregarán na súa terceira edición un premio especial ao proxecto Plancton de Afundación Obra Social Abanca

O galardón recoñecerá a relevancia dunha iniciativa allea aos grupos de acción local do sector pesqueiro (GALP), desenvolvida en 2021 por Afundación, que permitiu retirar dos areais e fondos mariños galegos preto de 19 toneladas de residuos
 

17/11/22 | 19:06

A Xunta ve necesario contar con datos científicos actualizados para tomar decisións adaptadas á realidade do sector marítimo-pesqueiro

Rosa Quintana sinalou que o veto á pesca de fondo establecido pola Comisión Europea é unha medida arbitraria e sen base científica que difire co equilibrio entre os aspectos medioambientais, económicos e sociais que defende a Política Pesqueira Común