Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Formación:

02/12/22 | 14:26 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que o proxecto Facendo 4.0 demostra a aposta de Stellantis polo ecosistema de I+D+i da automoción galega

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou en Vigo na presentación das investigacións desenvoltas no marco desta iniciativa

01/12/22 | 18:03

A Consellería do Mar reforza a súa estrutura para apuntalar a promoción e posta en valor dos produtos do mar de Galicia

Crea a Subdirección Xeral de Valorización dos Produtos do Mar dentro da Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica co ánimo de permitir unha xestión máis axeitada e asumible da actividade diaria, así como un mellor desenvolvemento de tarefas de cogobernanza co sector

01/12/22 | 17:58 | C. de Economía e Industria

A Xunta e os axentes sociais coinciden na importancia do desenvolvemento das enerxías renovables en Galicia para garantir a competitividade da industria

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou nunha nova xuntanza da Mesa do Diálogo Social na que lles presentou os proxectos tractores cos que Galicia agarda obter fondos europeos

01/12/22 | 13:48 | C. do Medio Rural

A empresa Central de Frades SCG recibirá da Xunta unha axuda de preto de 100.000 € para levar a cabo melloras tecnolóxicas e para ampliar a súa fábrica de pensos

O delegado da Xunta e e o alcalde visitaron esta empresa que realizará grazas a este apoio un investimento total de máis de 264.000 euros
 

01/12/22 | 13:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta de Galicia remarca o papel de referente que ten Santiago de Compostela no sector biotecnolóxico

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou na xornada ‘O sector industrial en Santiago e comarca. Proxección de futuro’, organizada pola Cámara de Comercio

30/11/22 | 19:02

A Xunta colabora na formación de 26 persoas para avanzar na transformación dixital e industrial no sector da construción

A directora xeral de Formación para o Emprego e Orientación, Zeltia Lado, clausurou hoxe dous cursos impulsados pola Xunta de Galicia e a Fundación Laboral da Construción sobre novas tendencias no sector

30/11/22 | 17:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia 16 iniciativas empresariais innovadoras punteiras cun investimento público de 4,4 M€

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, visitou esta mañá en Santiago de Compostela a empresa biotecnolóxica BFlow, beneficiaria da liña de axudas a iniciativas empresariais excelentes que non obtiveron financiamento no programa estatal Neotec por falta de crédito, aínda sendo ben valoradas
 

29/11/22 | 15:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta aborda coa Real Academia Galega de Ciencias o decreto que regulará o estatuto do persoal de investigación da Administración autonómica

A directora da Axencia Galega de Innovación, Patricia Argerey, mantivo un encontro con Juan Manuel Lema e Alicia Estévez, presidente e vicepresidenta da entidade