Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 272 novas da área temática Facenda:

08/07/22 | 12:03 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos pide ao Goberno que traballe conxuntamente coas comunidades para axilizar o reparto e a execución dos fondos europeos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública participou na inauguración do seminario “Europa invierte en mi región”

07/07/22 | 12:46 | C. de Facenda e Administración Pública

Miguel Corgos apela ao consenso parlamentario para impulsar un Plan estratéxico 2022-2030 “de todos e para todos”, reflexo dos retos e necesidades dos galegos

O conselleiro de Facenda e Administración Pública compareceu no Parlamento para presentar o Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030

05/07/22 | 11:23 | A Presidencia da Xunta

Rueda subliña que a Axenda Financeira de Galicia 2022 aspira a mobilizar 400 M€ para axudar a facer realidade os proxectos do tecido empresarial

Asegura que é preciso que os fondos europeos cheguen ao tecido produtivo para xerar novas oportunidades industriais. “Necesitamos que o Goberno tome a iniciativa cun reparto áxil e concreto”, di o titular do Goberno galego

02/07/22 | 12:10 | C. de Facenda e Administración Pública

A Semana do Goberno Aberto achega o funcionamento da Xunta aos cidadáns

A Consellería de Facenda e Administración Pública organizou diferentes actividades de participación social para divulgar a actividade e obxectivos da Xunta

27/06/22 | 10:37 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta inicia a elaboración dos orzamentos 2023, que priorizarán o apoio aos sectores máis afectados pola inflación e a modernización dos servizos públicos

As contas do vindeiro ano promoverán os investimentos estruturais precisos para contar cun tecido económico máis moderno, produtivo e sustentable

24/06/22 | 14:02 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia aposta por un novo modelo de financiamento autonómico que teña en conta os custes reais da prestación de servizos en cada territorio

A Comunidade galega recibe do actual modelo 800 millóns de euros anuais menos do que lle custa á Xunta financiar a sanidade, a educación e as políticas sociais

23/06/22 | 14:59 | C. de Facenda e Administración Pública; A Presidencia da Xunta

Rueda destaca que a Comunidade recibirá 3.261 M€ dos fondos de cohesión ata 2027 para seguir avanzando cara a unha Galicia máis competitiva e intelixente, verde, conectada e social

Sinala que desta contía global corresponde á xestión da Xunta o 46%: 940 millóns no Programa FEDER de Galicia; 449 millóns no Programa do Fondo Social Europeo Plus; e 111 millóns no Programa de Transición Xusta

22/06/22 | 18:10 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca a experiencia das comunidades na xestión de fondos europeos e reclama axilidade e concreción cos Next Generation

“O sistema autonómico permite unha mellor xestión dos fondos públicos xa que os Gobernos das comunidades estamos preto dos cidadáns”, afirma

22/06/22 | 17:24 | C. de Facenda e Administración Pública

A Xunta presenta en Bruxelas os avances no goberno intelixente da man da fundación Galicia-Europa

Galicia vén de entrar no consorcio Govtech4all con 22 axencias gobernamentais e empresas de 15 Estados comunitarios para fortalecer o mercado único para os novos modelos de innovación ao servizo das Administracións

22/06/22 | 14:55 | C. de Facenda e Administración Pública

Galicia pechou abril como a terceira comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 10,94 días, máis de dez días por debaixo da media autonómica