Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1270 novas da área temática Emerxencias:

10/12/22 | 10:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta formará ao alumnado de 25 colexios galegos no respecto e no coidado do territorio grazas a unha nova edición de ‘Eu son inspect@r urbanístic@’

Entre xaneiro e xuño, persoal da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística impartirá obradoiros e actividades lúdicas e pedagóxicas nos centros participantes

09/12/22 | 14:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta vén de executar obras por importe de 38.000 euros no colexio da Gándara, en Monforte de Lemos

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que foi ampliada e acondicionada unha aula para o alumnado de Infantil e tamén se renovaron luminarias

09/12/22 | 13:32

A Xunta fíxase como prioridade o traballo coa comunidade escolar para a eliminación de todo tipo de violencias contra as mulleres

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, asistiu hoxe en Ferrol á presentación dun vídeo elaborado polo alumnado, equipos docentes e familiares de centros escolares de Ferrolterra para sensibilizar contra a violencia dixital

09/12/22 | 12:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Os certames ‘Inventa en galego’ e ‘Novos poliedros’ premian a innovación científica e o uso da lingua galega entre a mocidade

O secretario xeral de Política Lingüística participa na entrega do galardón do concurso ‘Inventa en galego’ ao instituto IES Plurilingüe Eusebio da Guarda (A Coruña)

08/12/22 | 20:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Unha nova achega da Xunta no Colexio do Cardeal eleva o investimento en rehabilitación a case 800.000€

O Goberno galego destinará máis de 110.000€ á restauración do retablo da capela das Reliquias, que se adxudicará a finais de ano cun prazo de execución de nove meses

08/12/22 | 12:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa o intercambio cultural e lingüístico de 200 alumnos galegos con escolares das rexións de Hauts-de-France e Bretagne

A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destina a estas iniciativas un orzamento total de 80.000€

07/12/22 | 15:04 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Galicia reforzará a educación de adultos cunha nova lei para impulsar o acceso desde o rural e a conciliación coa vida laboral e familiar

Rueda resalta que o obxectivo é “actualizar e adaptar” a actual normativa, que é de hai 30 anos, “ás necesidades da sociedade actual”

06/12/22 | 12:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incorpora 30 novos centros ao programa ‘Radio na Biblio’ e fomenta o voluntariado cultural

Un total de 167 participan na iniciativa de laboratorios de radio escolares

05/12/22 | 13:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Máis de 4.000 alumnos de 174 centros educativos participarán nas probas de certificación en linguas estranxeiras financiadas pola Xunta

As probas, dirixidas a estudantes de 4º de ESO, Bacharelato e FP dos colexios e institutos seleccionados na convocatoria, poden consultarse no Portal Educativo
 

04/12/22 | 10:00 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta financia con 11,4 M€ a contratación de 102 novos investigadores predoutorais que se incorporan ás universidades galegas e a organismos públicos de I+D+i

O Diario Oficial de Galicia publica a lista de seleccionados, que recibirán un importe de ata 112.000€ por investigador para todo o período, 30.000€ máis que na convocatoria anterior