Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 125 novas da área temática Comunicación:

18/10/22 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial presenta AZIMUT, unha iniciativa cultural que resalta o paso do tempo en diferentes espazos arquitectónicos galegos abandonados ou en desuso

Gabriel Alén explicou que non se trata dun proxecto contemplativo, con AZIMUT téntase fusionar este pasado con diferentes artistas galegos de diversas disciplinas e intervencións nestes lugares

17/10/22 | 20:31 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
30/09/22 | 21:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca o OUFF como un dos grandes encontros para o músculo audiovisual galego

Salienta o seu papel para dar o pulo definitivo a Ourense como cidade de cinema

27/09/22 | 20:16 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Filmoteca de Galicia retoma a programación de sala tras a súa reforma con ciclos sobre o labor dos arquivos fílmicos, o son no cinema e Chaplin

A carteleira da cinemateca da Xunta ata finais de outubro inclúe tamén retrospectivas sobre a cineasta alemá Helke Misselwitz e o documentalista portugués António Campos, así como unha homenaxe ao Oleksandr Dovzhenko National Center de Kíiv coa proxección de dous clásicos do cine ucraíno

27/09/22 | 14:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Avanza a rodaxe en Galicia co apoio da Xunta de ‘O corno’, a segunda longametraxe de Jaione Camborda

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, visita o equipo durante a xornada de traballo en Vilanova de Arousa desta coprodución internacional encabezada polas galegas Esnatu Zinema e Miramemira xunto á produtora de Alcarrás

23/09/22 | 14:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A filmoteca de Galicia abre ao público tras finalizar as obras financiadas pola Xunta para renovar a sala e a cabina de proxección

Os directores de Cultura e de Industrias Culturais visitaron hoxe na Coruña a sede do centro audiovisual, á que poderán volver os espectadores desde o martes 27 en varias xornadas de portas abertas

19/09/22 | 16:15 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do festival Cantos na Maré que terá lugar esta semana en Santiago no marco dos Concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do festival que acada a súa XVIII edición

15/09/22 | 16:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A serie ‘Dalia, a modista’ salta da televisión á novela coa adaptación da escritora Noe Martínez e o apoio da Xunta

A trama de misterio, ambientada na vila de Prescedo, pon a súa protagonista Dalia no centro da historia onde investiga os segredos familiares e o asasinato da súa nai

14/09/22 | 15:18 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez sitúa ‘Rapa’ como referencia de calidade e de dinamización económica do audiovisual galego

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades visita o equipo desta serie que, producida por Portocabo para MovistarPlus+, rodará a segunda temporada ata decembro en Ferrol, Valdoviño, Fene, Cedeira e Narón

10/09/22 | 15:27 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A instalación de realidade virtual ‘Carne y Arena’, despídese da Cidade da Cultura con 5.000 visitantes e un faladoiro sobre as migracións

Esta experiencia inmersiva, dirixida por Alejandro G. Iñárritu e galardoada cun Óscar, abriu as súas portas no Museo Gaiás o pasado 1 de xullo convertendo a Santiago de Compostela na primeira e ata agora única cidade da Península en acoller este proxecto