Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

22/10/20 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta adxudica 33 vivendas de promoción pública na rúa Ignacio Grobas no concello de Vigo

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias presidiu esta mañá o sorteo de asignación das vivendas no salón de actos da Delegación Territorial

16/10/20 | 12:46

A Xunta defende ante o fiscal superior de Galicia a necesidade de cambios lexislativos para atallar o fenómeno das ocupacións

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, reuniuse hoxe con Fernando Suanzes no marco da rolda de contactos que está a manter con diferentes entidades, expertos e administracións implicadas no problema

14/10/20 | 13:28

O Programa para a adquisición de vivenda por menores de 35 anos en municipios de menos de 5.000 habitantes recibe 213 solicitudes de axuda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda avanza que o prazo da terceira convocatoria de subvencións vén de rematar o 30 de setembro, polo que o Instituto Galego de Vivenda e Solo está a analizar as solicitudes presentadas

13/10/20 | 13:57

Xunta e Goberno acordan establecer canais de colaboración e diálogo directo para o seguimento das ocupacións ilegais de vivendas en Galicia

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda brindou este marco de colaboración institucional ao delegado do Goberno, para unir esforzos e frear entre todos esta problemática

12/10/20 | 10:02

Xunta e Valedora do Pobo intercambiarán información sobre familias afectadas por execucións hipotecarias e desafiuzamentos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e a valedora, María Dolores Fernández, acaban de renovar o seu convenio de colaboración para mellorar a atención ás persoas nesta situación e garantir canles de comunicación áxiles e efectivas entre o IGVS e a institución parlamentaria

10/10/20 | 11:00

A Xunta recibiu 14 ofertas de inmobles a rehabilitar no marco da convocatoria do programa Rexurbe no Concello do Mondoñedo

O Instituto Galego da Vivenda e Solo está a analizar todas as propostas antes de tomar unha decisión definitiva sobre que inmobles vai adquirir neste municipio

09/10/20 | 14:23

Medio Ambiente inicia o proceso de adxudicación de oito vivendas de promoción pública no casco histórico de Betanzos

Trátase das vivendas de promoción pública que se atopan nas rúas Cerca e Venela de Clérigos

07/10/20 | 18:19

Ángeles Vázquez reúnese coa experta penalista Silvia Valmaña co fin de enriquecer a proposta da Xunta ante a ocupación de vivendas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda explicoulle os principais puntos da reforma lexislativa que Galicia reclama ante o Estado para garantir a seguridade xurídica dos propietarios afectados e maior axilidade nos desaloxos

06/10/20 | 14:35

Medio Ambiente traballa nun pacto social pola vivenda con dez novas medidas para os vindeiros cinco anos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou as liñas estratéxicas que está a ultimar o Instituto Galego de Vivenda e Solo e para as que espera contar co consenso de todos os actores implicados

03/10/20 | 11:41

A Consellería de Medio Ambiente e o concello de Ribadavia avanzan no establecemento da nova área Rexurbe

Despois da declaración desta área o pasado xullo, o municipio deberá presentar un plan de dinamización, para cuxa redacción conta cun modelo redactado polo IGVS