Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

28/09/21 | 17:55

Galicia presenta no Grand Pavois de La Rochelle, en Francia, a súa proposta náutica 'O Camiño por Mar'

A presidenta de Portos de Galicia encabeza a participación galega no salón internacional para promocionar a peregrinación en barco neste Xacobeo 21-22

28/09/21 | 13:27

Galicia demanda igualdade de condicións no sector marítimo-pesqueiro para velar pola competitividade das súas empresas

A Xunta lembra a necesidade de que Europa promova un trato igualitario e xusto nas actividades vencelladas co mar para que a comunidade poida manter o liderado como primeira potencia pesqueira europea

27/09/21 | 14:55

A Xunta apoia á industria transformadora galega na promoción dos produtos do mar a través da campaña ‘Cata a lata’

A Ruta que sabe a historia deseñada por Anfaco-Cecopesca percorreu desde o pasado luns nunha food truck oito localidades cun marcado pasado e compromiso coa industria conserveira de peixes e mariscos nas que os veciños puideron degustar preparacións a base de conservas e recibiron distintos materiais de promoción como receitarios

26/09/21 | 12:00

Galicia comparte a súa experiencia nos cultivos mariños nun seminario internacional sobre a futura estratexia nacional desta actividade en Xeorxia

O Centro Tecnolóxico do Mar-Fundación Cetmar participou nun seminario sobre o sector acuícola celebrado este mes e organizado pola Axencia Nacional do Ministerio de Protección do Medio Ambiente e a Agricultura de Xeorxia, a delegación da Unión Europea nese país e a Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura

24/09/21 | 14:59

A Xunta destaca a importancia do aproveitamento e valorización da cuncha de mexillón

Mercedes Rodríguez salientou a oportunidade que representan os fondos Next Generation para promover proxectos relacionados con usos da cuncha deste molusco bivalvo e sinalou que hai propostas sobre o seu emprego na elaboración de fertilizante

24/09/21 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta anuncia a súa colaboración coas xornadas marisqueiras de Emgrobes para a promoción dos produtos do mar e a dinamización turística do Grove

O delegado territorial, Luis López, garante o apoio económico do Goberno galego á iniciativa da Asociación de Empresarios Grovenses de Bens e Servizos nunha reunión celebrada no edificio administrativo de Campolongo

24/09/21 | 11:11

A Xunta aposta pola xestión sostible dos recursos pesqueiros e avoga por avanzar neste eido no marco da revisión da Política Pesqueira Común

O Executivo galego lembra que o mar é unha das principais fontes de riqueza das zonas costeiras e que na ordenación da actividade deben terse en conta tanto os aspectos medioambientais como os económicos e os sociais

23/09/21 | 19:15

A Xunta destaca o valor das asociacións na promoción dos produtos do mar e no desenvolvemento socioeconómico do litoral

O III encontro de produtores do mar e da terra celébrase Oleiros entre hoxe e este domingo 26 de setembro e está organizado pola Federación de Asociacións Empresariais das Mariñas

23/09/21 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Consellería do Mar favorece a rexeneración das zonas de marisqueo de Arousa con 17,5 millóns de unidades de semente de ameixa

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Susana Rodríguez, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informan da resolución destas axudas para O Salnés, dotadas con 384.000€, nunha visita á Confraría de Pescadores Virxe do Rosario de Vilaxoán