Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Lingua:

24/02/21 | 10:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; A Presidencia da Xunta

Feijóo anima a preservar a obra e os valores de Rosalía de Castro, a escritora galega máis universal e “símbolo da Galicia que somos”

“Galicia é rosaliana porque Rosalía fíxonos tomar conciencia da nosa terra, da importancia do noso pobo e da relevancia de ter unha cultura e unha fala de noso. A súa obra foi a semente do bosque vizoso que é a nosa lingua”, salienta

22/02/21 | 17:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Preto de 4000 rapaces de dez centros de ensino comenzan o reto de falar en galego da man de '21 Días co Galego e +'

Como novidade, esta iniciativa de dinamización lingüística da Xunta para impulsar o uso do galego entre os máis novos amplíase como experiencia piloto á etapa de Primaria

21/02/21 | 12:35 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez avoga por camiñar da man da sociedade no fomento do uso da lingua galega entre as xeracións máis novas

A Xunta conmemora esta efeméride xunto coa xornalista Esther Estévez e cunha proposta familiar emitida en streaming desde a Cidade da Cultura

19/02/21 | 18:37 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en valor a riqueza e variedade dos ditos e recitados infantís con 'As brincadeiras da lingua'

O Portal da Lingua Galega ofrece a partir de hoxe as dez pezas da divertida serie audiovisual realizada por Migallas Teatro ao abeiro do Fondo Xacobeo 2021

19/02/21 | 14:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta conmemora este domingo o Día da Lingua Materna cunha actividade familiar en liña desde a Cidade da Cultura

O Gaiás acollerá a representación de ‘Puño, puñete’, a cargo de Baobab Teatro, con cantos, contos e xogos dirixidos a nenos de entre 1 e 7 anos

18/02/21 | 13:42 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha 'Gastronomía para non perderse', unha serie documental sobre os produtos da cociña tradicional galega

A produción audiovisual consta de cinco entregas que se poden ver de balde no Portal da Lingua Galega e na plataforma das bibliotecas GaliciaLe

16/02/21 | 11:11 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda anuncia o desenvolvemento dun novo obradoiro de lingua e cultura galega dentro da Aula GaliciaAberta

O secretario xeral da Emigración adiantou a través dunha videoconferencia emitida en directo a través do Facebook live de GaliciaAberta que a nova proposta comezará a emitirse o próximo xoves, día 18

15/02/21 | 14:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Tradutores de todo o mundo poderán viaxar a Coruña para exportar obras en galego co apoio da Xunta de Galicia

‘Residencia Xacobeo’ facilita ao beneficiario a estadía para traballar e investigar na Residencia Literaria 1863, un apartamento do século XIX no casco histórico coruñés

12/02/21 | 13:23 | C. de Política Social e Igualdade; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O certame 'Lingua de namorar' da Xunta actualízase con novidades en Instagram na súa décima edición

O concurso de declaracións de amor en galego na rede no que pode participar a mocidade dos 14 aos 35 anos incorpora unha terceira categoría de premio exclusiva para a rede social

12/02/21 | 12:21 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A VIII Mostra do Entroido pon en valor as Xeneralas da Ulla para celebrar o carnaval no ensino

Os equipos de dinamización da lingua galega dos centros participantes difunden o proxecto audiovisual feito por Títeres Cachirulo para o Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia