Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

24/11/21 | 19:48

A Xunta destaca en Pontevedra o reforzo do apoio xudicial e asistencial ás vítimas da violencia de xénero para garantir os seus dereitos e protección

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o director xeral de Xustiza, Juan José Martín, participaron hoxe en Pontevedra na presentación do coloquio ‘Que é a violencia de xénero desde a perspectiva asistencial, policial e xudicial’

24/11/21 | 14:42 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a educación en igualdade como un piar imprescindible para gañar a “loita infatigable” contra a violencia de xénero

Incide na importancia da prevención e lembra que os rapaces dos centros, as familias e o profesorado son tamén os protagonistas das medidas que a Xunta está a desenvolver para promover a igualdade

24/11/21 | 11:53

Cerca de 3.000 persoas xa recibiron este ano formación gratuíta da Xunta en materia de igualdade laboral

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participou hoxe nunha xornada de sensibilización en igualdade organizada por Comisións Obreiras

24/11/21 | 11:11

A Xunta pecha no Campus de Vigo o ciclo de xornadas Agresión OFF dirixido á mocidade para concienciar e loitar contra a violencia sexual

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, inaugurou hoxe a iniciativa do Goberno galego que se celebrou en todos os campus universitarios de Galicia con motivo do 25-N, o Día internacional da eliminación da violencia contra a muller

23/11/21 | 14:41

A Xunta destaca en Barbadás o labor da Rede de Centros de Información á Muller para previr e sensibilizar contra a violencia de xénero

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na localidade ourensá na mesa redonda Procesos de atención ás vítimas de violencia de xénero, organizada con motivo do 25-N

23/11/21 | 13:46

Emprego e Igualdade sitúa a loita contra a violencia de xénero como eixo firme de acción da Xunta para acadar canto antes que o número de vítimas desta lacra sexa cero

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou hoxe no Parlamento as liñas estratéxicas do seu departamento para 2022 que sitúan a muller no centro e destinan 18 millóns de euros á loita contra a violencia de xénero

23/11/21 | 12:58

A Xunta avoga pola educación e concienciación contra a violencia sexual desde idades temperás na xornada 'Agresión Off' celebrada hoxe no campus de Lugo

O Goberno galego levou hoxe ao campus de Lugo as xornadas coas que, con motivo do día 25-N contra a violencia de xénero, pretende sensibilizar aos máis novos

21/11/21 | 12:40

Preto de 5.000 persoas camiñan en Galicia cara ao respecto na IX Andaina contra a Violencia de Xénero

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe nesta iniciativa da Xunta que se enmarca no amplo programa de actividades organizado con motivo do 25-N, o Día Internacional contra a Violencia de Xénero

20/11/21 | 17:31

A Xunta reividica nun acto das mulleres rurais de Ourense os movementos que traballan pola igualdade e a loita contra a violencia de xénero no rural

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, tomou parte na inauguración dunhas xornadas organizadas pola Federación provincial de mulleres rurais de Ourense (Femuro) para directivas de entidades

20/11/21 | 12:23

A Xunta destaca en Vimianzo o apoio da Xunta ao medio rural para loitar contra a violencia de xénero con accións de formación, prevención e sensibilización

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na localidade coruñesa no acto de presentación do proxecto A Costa das Mulleres: experiencias de mulleres da Costa da Morte e vídeos contra a violencia de xénero