Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 776 novas da área temática Emerxencias:

21/05/21 | 10:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Seis concellos lucenses elaboraron plans de emerxencia ante situacións de seca grazas á convocatoria de axudas da Xunta e a un financiamento de 73.300 euros

O delegado territorial, Javier Arias, lembra que está aberta unha nova convocatoria deste programa de axudas e o prazo para solicitarlas remata o 4 de xuño

14/05/21 | 14:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta ensaia o sistema operativo de emerxencias na provincia de Ourense

O delegado territorial participou esta mañá no simulacro de “Activación da situación 2”na provincia de Ourense dende o Centro de Coordinación Operativo

14/05/21 | 12:41 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con 55.000 euros gastos de funcionamento de 33 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia de Lugo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que as achegas que veñen de publicarse complementan a outra orde de axudas anual a través da que o Goberno galego dota de equipamento de emerxencias ás AVPC

13/05/21 | 12:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza o equipamento do servizo municipal de emerxencias de Sanxenxo cun novo camión para intervir en zonas de difícil acceso

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega hoxe dun vehículo bomba rural lixeira destinado a intervencións en incendios e labores de salvamento

13/05/21 | 12:24 | A Presidencia da Xunta

Feijóo garante o apoio da Xunta a Jealsa tralo incendio de parte das súas instalacións e salienta o labor desenvolvido polo operativo de extinción

Agradece o esforzo e o compromiso das máis de 60 persoas que interviñeron na loita contra o incendio

12/05/21 | 12:12 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta lembra aos cidadáns a importancia de avisar ao teléfono 012 da presenza de niños de vespa velutina para frear o seu avance

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, abordou hoxe o plan de loita da Xunta contra esta especie nunha webinar organizada pola Asociación Nacional de Empresas de Sanidade Ambiental

12/05/21 | 11:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Máis de 850 persoas participarán esta fin de semana nas probas físicas para optar ás 104 prazas de auxiliares de Policía Local en 27 concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución definitiva de persoas admitidas e as exentas da proba de coñecementos de lingua galega

10/05/21 | 14:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

As Policías Locais de Galicia recoñecen o labor de Santiago Villanueva na loita contra a pandemia e a colaboración cos corpos policiais municipais

O director xeral de Emerxencias e Interior recibiu a medalla Covid-19 da Asociación de Xefes de Corpo e Mandos de Policía Local de Galicia (Axempol)

08/05/21 | 11:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con 113.000 € os gastos de funcionamento das 61 agrupacións de voluntarios de Protección Civil da provincia da Coruña

O DOG publicou onte a resolución da convocatoria de subvencións que permitirá sufragar os gastos de agrupacións dos concellos galegos de menos de 50.000 habitantes

07/05/21 | 14:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia con 17.318 euros os gastos de funcionamento das agrupacións de voluntarios Protección Civil da área de Vigo

O DOG publica hoxe a resolución da convocatoria de subvencións que permitirá sufragar os gastos de agrupacións de 8 concellos da comarca de menos de 50.000 habitantes