Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Comercio:

14/02/21 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia traballos de conservación e limpeza nos treitos interurbanos do río Fraga no concello de Ordes

Augas de Galicia está a levar a cabo as actuacións nun tramo do río, de preto de 1,3 km de lonxitude, ao seu paso pola parroquia de Santa María de Ordes

13/02/21 | 13:45 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle ao Concello de Vigo que traslade no prazo máximo dun mes a súa conformidade co acordo para poder investir 6,8 M€ na prevención do risco de inundacións do río Lagares

Ethel Vázquez lembra que o río Lagares é unha das 9 zonas fluviais de Galicia con maior risco potencial de inundacións e que a Xunta dispón dun programa de actuacións e fondos económicos que só poden executarse se o Concello o acepta

13/02/21 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia traballos de conservación e limpeza no treito interurbano do río Couso no concello de Pontevedra

Augas de Galicia está a levar a cabo a actuación nun tramo deste río ao seu paso polo lugar do Couso, na parroquia de Xeve

12/02/21 | 14:46 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle ao Concello de Coristanco o seu compromiso de colaboración técnica e financeira para executar as obras de modernización da potabilizadora do municipio

Teresa Gutiérrez indica que o obxectivo é dispoñer este ano do proxecto redactado coa fin de licitar as obras a finais do presente exercicio
Sinala que o proxecto definirá os traballos necesarios para resolver as carencias na estación de tratamento de auga potable

12/02/21 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina a acta de replanteo para o inicio das obras de mellora do sistema de abastecementos do Concello de Betanzos, que suporán un investimento de 1,35 M€

Os traballos de ampliación da capacidade da potabilizadora municipal e da mellora dos sistemas de tratamento comezarán nas vindeiras semanas, cun prazo de execución de 9 meses

11/02/21 | 12:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/02/21 | 12:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
09/02/21 | 14:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense informa ás asociacións de veciños e asociacións de mulleres rurais da nova orde de axudas

Gabriel Alén manifestoulles que “a través destas axudas, a Xunta busca contribuír a mellorar a calidade da vida local e fomentar e dinamizar o asociacionismo veciñal aos que destinará 2,5 millóns de euros”

08/02/21 | 11:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 10 ofertas para executar novas obras de saneamento e abastecemento en distintos lugares da parroquia de Larín, en Arteixo, cun investimento de preto de 335.000 euros

O obxectivo do contrato é mellorar estes servizos municipais entre os lugares de Mirón, Chamusqueira, Capela de San Roque, Campo da Pedra, Fraga e Anide

06/02/21 | 11:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano dos ríos Carballás, Regueiro de Riazón e Castro, ao seu paso polo concello de Forcarei

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo en distintos tramos destes ríos no seu percorrido pola parroquia de San Miguel de Presqueiras