Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

04/04/22 | 13:45

O delegado territorial da Xunta supervisa as actuacións que se están a desenvolver no obradoiro dual de emprego ‘Ecoterras de Celanova’

Gabriel Alén destacou que este programa, no que a Consellería de Emprego e Igualdade inviste 346.946 euros, está a formar a 20 alumnos - traballadores no módulo de instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes

04/04/22 | 13:21 | C. do Medio Rural

A Xunta inaugura hoxe dobre cita en Barcelona para promocionar e potenciar os produtos agroalimentarios galegos de calidade

En Alimentaria, un total de 24 entidades de sectores como o lácteo ou o cárnico compartirán espazo expositivo co Goberno galego, mentres na Barcelona Wine Week serán 15 as empresas vitivinícolas participantes

04/04/22 | 13:01 | C. do Medio Rural

A Xunta reclama consenso político diante da crise do sector gandeiro e pon en valor as súas propias medidas e a presión exercida sobre o Ministerio a prol deste eido

José González destacou “a presión negociadora constante, intensa e produtiva da Xunta” sobre o Ministerio de Agricultura, que propiciou a adopción de medidas, pero lamentou que este fixera durante tanto tempo “ouvidos xordos” aos avisos sobre a grave situación

03/04/22 | 12:20 | C. do Medio Rural

O servizo de prevención de incendios forestais da Xunta comparte cos seus homólogos de Paraguai a súa experiencia na execución de queimas prescritas

Na formación que se levou a cabo por videoconferencia, os técnicos forestais da nosa comunidade tamén deron conta do réxime galego de comunicacións e autorizacións de queimas de restos agrícolas e forestais

03/04/22 | 12:15 | C. do Medio Rural

A Xunta organiza unha xornada técnica sobre o requeixo como produto galego de artesanía alimentaria

O evento, que se pechará cunha cata comentada a cargo de expertos, terá lugar o vindeiro venres, día 8 de abril, na Casa da Auga, no concello pontevedrés das Neves

02/04/22 | 12:50

A Xunta achegará a 25.000 explotacións de gando vacún unha campaña para previr riscos no manexo dos animais, a maquinaria e os produtos químicos

A iniciativa, desenvolvida polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) en colaboración coa Consellería do Medio Rural, incidirá na protección da maternidade e das mulleres durante o embarazo e a lactación

02/04/22 | 11:18 | C. do Medio Rural

O vindeiro 11 de abril remata o prazo para solicitar as axudas de incorporación de persoas mozas ao agro, plans de mellora e a creación de pequenas explotacións

A orde permite que os beneficiarios que o soliciten as axudas para plans de mellora poidan recibir anticipos de ata o 50% da achega concedida, ademais incrementáronse os módulos de investimento máximos unha media dun 15% para adaptarse ás subas de prezos dos últimos meses

01/04/22 | 12:10 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará os viños das cinco denominacións de orixe galegas e as augardentes e licores tradicionais na Barcelona Wine Week que se celebra a semana que vén

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, participará o próximo luns 4 de abril na inauguración do evento, onde 15 empresas da comunidade compartirán espazo de exposición co Goberno galego

31/03/22 | 17:11 | C. do Medio Rural

A Xunta pide ao Goberno central que dea prioridade ao vacún de carne no reparto das axudas que están pendentes de asignar do Plan de choque para os sectores agrarios

Galicia lembra que este sector está formado por pequenas e medianas explotacións en extensivo, con base territorial e que conta cunha indicación xeográfica protexida de referencia a nivel nacional, como é Ternera Gallega

31/03/22 | 11:08

Medio cento de entidades galegas de produtos do mar e do agro participarán na feira Alimentaria de Barcelona co apoio da Xunta de Galicia

A conselleira do Mar e o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria visitarán este certame a vindeira semana para apoiar ás empresas galegas que asistirán a este evento tanto baixo o paraugas do Executivo galego como pola súa conta