Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

24/09/21 | 12:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo presenta o proxecto ¡BUEN CAMINO! para ofrecer da man de Google Arts&Culture 'unha ventá' á singularidade das rutas xacobeas acadando unha nova universalidade

Resalta que o obxectivo é que a través das 4.750 fotografías e vídeos, dos 105 reportaxes visuais e das visitas virtuais a monumentos icónicos, o visitantes sintan o que sinte un peregrino

24/09/21 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta pon en servizo o aparcadoiro executado en Conxo no marco das obras de mellora da entrada do Camiño Portugués en Santiago

O novo estacionamento, cun investimento de 415.000 euros, ten capacidade para 82 prazas, máis das que existían antes na zona do Campo de Conxo

23/09/21 | 19:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Camiño de Inverno centrou a sétima edición do Xacobeo Peregrinas celebrado en Sober

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, participaron nun encontro no que tamén se deron cita Sabela Maneiro, de As Tanxugueiras, a produtora audiovisual Mamen Quintas, a adegueira Xiana Domínguez e a escritora e catedrática de Matemáticas, Victoria Veguín

23/09/21 | 19:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias e a Editorial Elvira presentan a escolma de relatos que compoñen 'Historias do Camiño'

Con limiar do xornalista Jacobo Buceta, a publicación editada no marco do programa de “O Teu Xacobeo” consta de 12 relatos encabezados pola obra gañadora Os fillos pequenos

21/09/21 | 14:41 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A exposición 'Próxima Parada' réndelles homenaxe ás mulleres peregrinas e ao comercio local co apoio da Xunta

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu hoxe á presentación desta mostra de esculturas de peregrinas que se estende polos escaparates de 12 locais do casco histórico compostelán rexentados por mulleres

21/09/21 | 12:56 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Museo das Peregrinacións acolle o ciclo de conferencias 'Santiago, historias dun Camiño prodixioso' dirixido por Isabel San Sebastián

Organizado pola asociación Escritores con la Historia co patrocinio da Xunta, contará con diferentes autores referentes da novela histórica

20/09/21 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisa o inicio das obras de mellora da seguridade do Camiño de Fisterra en Negreira, unha das 11 actuacións que se executarán este ano nas estradas da Xunta coincidentes con esta ruta xacobea

O delegado da Xunta salientou que as obras previstas no Camiño de Fisterra en Ames e en Negreira suporán un investimento de máis de 63.000 euros

18/09/21 | 21:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca a internacionalización do destino Galicia con probas como o Xacobeo 6mR Europeans 2021

A directora de Turismo de Galicia e o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participaron na entrega dos premios dunha competición que combina turismo, deporte e gastronomía

18/09/21 | 14:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Proxecto 'Solpor 4.0' de 'O Teu Xacobeo' permitirá sumar un novo punto de astroturismo en Santiago

O albergue do Seminario Menor en Santiago de Compostela contará cun punto de observación do sol que se suma ao que xa se instalou en Fisterra o ano pasado