Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

11/11/20 | 13:13

A Xunta financiará con case 400.000 euros a compra dun edificio e a rehabilitación do Centro Cultural de Couso en Ponteareas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o alcalde Xosé Represas asinaron hoxe dous convenios de colaboración en virtude dos cales o departamento autonómico achegará esta contía con cargo ao Fondo de Cooperación para concellos de menos de 50.000 habitantes

10/11/20 | 14:28

A Xunta de Galicia, a punto de adxudicar dúas novas vivendas do barrio dos Muíños en Mondoñedo

Trátase de dúas vivendas de tres dormitorios, no edificio 26 da praza dos Muíños, no que o Instituto Galego de Vivenda e Solo investiu preto de 400.000 euros

06/11/20 | 13:57

Trenor destaca o excelente resultado da rehabilitación das seis vivendas de mestres de Cabana de Bergantiños que en breve estarán a disposición de familias con poucos recursos

O delegado territorial da Xunta puxo en valor este tipo de actuacións que permiten que entidades locais con menor poder adquisitivo poidan acometer actuacións desta envergadura

06/11/20 | 13:42

A Xunta entrega cinco vivendas de promoción pública en Fermín Rivera e no barrio da Tinería

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda lembra que as dúas vivendas do casco histórico entregadas hoxe se suman ás 82 que están ocupadas nesta zona e ás tres que están en reparación

06/11/20 | 13:37

A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación de tres vivendas de promoción pública no concello de Pontevedra

Os inmobles están localizados na rúa Alemaña, no barrio de Monteporreiro, e teñen tres dormitorios, rocho e unha superficie útil de 75 metros cadrados

30/10/20 | 13:22

Asinados 25 convenios con 17 concellos para o reparto de preto de 2,7 millóns de euros en axudas para áreas de rehabilitación

Poderán beneficiarse destas axudas os propietarios de vivendas e edificios de vivendas emprazadas no ámbito das ARI que as rehabiliten, así como os propios concellos para actuacións de urbanización e reurbanización das ARI

29/10/20 | 17:56

A Xunta e as asociacións veciñais de Galicia crearán un grupo de traballo para compartir información sobre ocupacións

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reuniuse hoxe coa dirección de Cogave para analizar a evolución do problema en Galicia en 2020 e trasladarlle as medidas nas que traballa o seu departamento para ofrecer posibles solucións

28/10/20 | 12:45

A Xunta entrega aos seus adxudicatarios dúas vivendas de promoción pública no concello de Vilagarcía de Arousa

A adxudicación realizarase en réxime de alugueiro a persoas maiores de 60 anos

27/10/20 | 11:36

Medio Ambiente adxudica dúas parcelas do polígono residencial de Valdecorvos nas que se construirán 33 novas vivendas neste barrio de Pontevedra

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda fixo este anuncio durante a visita á Cidade do Lérez, onde destacou que esta nova actuación será un novo pulo para o desenvolvemento social do barrio

26/10/20 | 12:39

A Xunta adxudica tres parcelas no parque Ofimático da Coruña para a construción de preto de 200 novas vivendas protexidas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá os terreos asignados a dúas cooperativas no marco do concurso público de solo residencial que convocou Xestur a finais do ano pasado