Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

22/01/22 | 12:03

A Xunta e o Concello de Valdoviño abordan a oportunidade das axudas de patrimonio natural no marco da candidatura do Xeoparque do Cabo Ortegal

Ángeles Vázquez recorda que a Dirección Xeral de Patrimonio Natural habilitou unha orde de incentivos para apoiar actuacións e proxectos que melloren e conserven as condicións dos espazos naturais incluídos en Rede Natura 2000

22/01/22 | 11:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O stand de Galicia en Fitur recibe o premio como mellor expositor das comunidades autónomas

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, recolleu onte o galardón na última xornada da Feira Internacional de Turismo

21/01/22 | 19:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Xacobeo recibe o premio da revista Aire Libre como mellor iniciativa comprometida coa sustentabilidade

Comparte o recoñecemento con La Palma, concello de Madrid, Turespaña, Mallorca e Xapón e Global Mobility Call

21/01/22 | 16:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor destaca o gran avance que supón para a mancomunidade de Ordes o seu recoñecemento como xeodestino propio

O delegado territorial da Xunta participou na presentación de “Terras de Ordes novo xeodestino”, organizada pola mancomunidade de Ordes

21/01/22 | 16:51 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta impulsa a Travesía Náutica Xacobea como modelo de turismo seguro, sostible e de calidade

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, participou na presentación de “O Camiño por mar. Travesía náutica xacobea”, unha iniciativa que permitirá realizar por mar parte da ruta que segundo a tradición fixeron os restos do Apóstolo, partindo de Andalucía e pasando por Portugal

21/01/22 | 16:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor presenta en Fitur a Costa da Morte como un destino con personalidade propia ligada á natureza, ao patrimonio, a gastronomía e ao Camiño de Santiago

O delegado territorial da Xunta participou na presentación de “Costa da Morte naturalmente salvaxe, Cee Ano Xubilar, Camiño Solpor: O Camiño de Santiago de Fisterra a Muxía”, organizada polo xeodestino Costa da Morte

21/01/22 | 15:58

A reserva de biosfera Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel poderá optar a 1,5 M€ en investimentos da Xunta para poñer en valor o seu patrimonio natural

Durante un evento promocional do Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, Belén do Campo subliña que o recoñecemento da Unesco ofrece unha “nova oportunidade” de demostrar que a biodiversidade e a natureza son compatibles cun desenvolvemento sostible

21/01/22 | 15:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor presenta en Fitur a ría Muros-Noia como un destino que unifica os atractivos turísticos de Galicia ao redor do mar , a natureza, a historia e a gastronomía

O delegado territorial da Xunta participou na presentación de “O Camiño marítimo da ría Muros-Noia”, organizada polo xeodestino ría de Muros e Noia

21/01/22 | 15:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca que o Plan Xacobeo Next Generation permitirá destinar a Galicia máis de 39M€ para a reactivación do turismo neste Ano Santo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, destacou o investimento do Goberno galego de máis de 171M€ en dous anos no Xacobeo 21-22 e sinalou a oportunidade histórica que supoñen os fondos europeos para dar a coñecer este evento

21/01/22 | 14:17 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o proxecto do Xeoparque de Cabo Ortegal para reforzar Galicia como destino sostible

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, salientou o apoio do Goberno galego á proposta que aspira a converter esta zona en Xeoparque Mundial pola Unesco e sumarse como o segundo en Galicia con esta distinción xunto co do Courel