Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Sanidade:

30/06/22 | 12:35 | C. de Sanidade

A oftalmóloga do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol, Nuria Olivier Pascual, premiada no XXV Congreso Anual da Sociedade Española de Vítreo e Retina

A doutora da sección de Retina do CHUF gañou unha Beca de Innovación que conta cunha dotación económica de 3000 euros

30/06/22 | 11:16 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 13.710 casos activos por coronavirus

Un total de 628.554 pacientes xa están curados

29/06/22 | 19:13 | C. de Sanidade

A Xunta destaca o incremento en 67 efectivos dos servizos de medicina interna galegos desde 2009

Na actualidade os hospitais do Servizo Galego de Saúde contan cunha media diaria de 315 internistas, dos que 270 son profesionais estables

Segundo os datos Ministerio de Sanidade, Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior número de internistas por cada 100.000 habitantes, contando cunha ratio de 14’5 profesionais, fronte os 11’8 que rexistra a media nacional
29/06/22 | 17:02 | C. de Sanidade

A Xunta acada un acordo unánime na Mesa Sectorial de Sanidade para 10 medidas de mellora no ámbito de atención primaria

As medidas responden aos incentivos anunciados hai unhas semanas polo conselleiro de Sanidade no Parlamento de Galicia, ante a situación de déficit de especialistas de medicina de familia que sofre o Sistema Nacional de Saúde

29/06/22 | 10:30 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 12.412 casos activos por coronavirus

Un total de 628.086 pacientes xa están curados

27/06/22 | 19:55 | C. de Sanidade; A Presidencia da Xunta

Rueda anuncia que a Xunta financiará os sistemas personalizados de dosificación de medicamentos a pacientes maiores de 74 anos e polimedicados

A prescrición farase a través dos farmacéuticos ou das enfermarías de atención primaria e poderán dispensar as doses as farmacias que voluntariamente se sumen ao programa

27/06/22 | 17:07 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta de Galicia ampliará as prazas dispoñibles no centro de día público de Baiona

Incrementarase a oferta deste servizo ata practicamente a súa máxima capacidade, que son 40 usuarios

27/06/22 | 12:33 | C. de Sanidade

O 061 de Galicia asistiu 46 persoas por 37 accidentes de circulación durante a fin de semana

O 061 de Galicia asistiu 46 persoas por 37 accidentes de circulación durante a fin de semana

27/06/22 | 12:31 | A Presidencia da Xunta

Rueda avanza que o novo servizo de Radioterapia do Hospital Gran Montecelo evitará que 500 pacientes se despracen cada ano para recibir o seu tratamento

Explica que as obras van a bo ritmo e entran nunha fase transcendental coa construción da nova torre de hospitalización en forma de “Z”