Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

05/09/22 | 14:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Fernández-Tapias supervisa as obras de humanización e seguridade da estrada PO-330 entre Pereiró e Valadares

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este luns ao Alto da Garrida para coñecer o avance da actuación
 

05/09/22 | 13:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que as obras de abastecemento ao polígono de Morás acadan o 30% de execución e estarán rematadas no 1º trimestre de 2023 grazas a un investimento de 4,1 M€ en colaboración co concello de Arteixo

A Xunta constrúe unha nova condución desde o novo depósito de Vío Alto cara ao polígono de Morás, contando con 2 puntos de subministro directo á rede municipal de Arteixo e cara ao depósito do parque empresarial

05/09/22 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora coa Comunidade de Usuarios da Traída de Augas de Pepito en Rianxo para mellorar a potabilización e para evitar perdas de auga

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, comprobou hoxe as actuacións levadas a cabo a través das axudas do Goberno galego
 

05/09/22 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme en 6 estradas autonómicas da provincia da Coruña, que supoñen un investimento autonómico de máis de 2,4 M€

Acondicionarase o firme en treitos de varias estradas ao paso polos municipios de Oleiros, Cambre, Aranga, Curtis, Cerceda, Frades e Mesía, coa realización de fresados, a reposición con mestura bituminosa en quente e a renovación da sinalización horizontal

05/09/22 | 12:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta convoca para outubro e decembro os propietarios dos terreos necesarios para a mellora na estrada PO-315 en Cangas, que suporá un investimento de máis de 265.000 €

O levantamento de actas previas á ocupación terá lugar o 5 de outubro das 10:00 ás 12 horas no salón de plenos do Concello, e a súa formalización, o 14 de decembro, no mesmo horario e lugar
 

04/09/22 | 12:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas AC-130 e AC-133 ao seu paso polo concello de Ares

Seguirán as actuacións iniciadas nas últimas semanas, tamén na provincia da Coruña, nas estradas AC-413, en Ordes, e na AC-862, en Ortigueira

04/09/22 | 11:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta iniciará a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza nas marxes de estradas AC-130 e AC-133 ao seu paso polo concello de Ares

Seguirán as actuacións iniciadas nas últimas semanas, tamén na provincia da Coruña, nas estradas AC-413, en Ordes, e na AC-862, en Ortigueira

03/09/22 | 13:15 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza as obras de mellora da seguridade na estada AC-231, no treito coincidente co Camiño do norte, no Concello de Sobrado

 A actuación, cun investimento de máis de 215.000 €, permitirá habilitar unha senda ao longo de algo máis de 1,5 quilómetros

03/09/22 | 11:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta avanza nas obras de mellora da seguridade viaria na estrada AC-231, no treito coincidente co Camiño do Norte, no concello de Sobrado

A actuación, cun investimento de máis de 215.000 €, permitirá habilitar unha senda ao longo de algo máis de 1,5 quilómetros

02/09/22 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora na mellora do parque infantil situado no CRA de Sergude, en Boqueixón

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou hoxe a localidade para comprobar as actuacións levadas a cabo ao abeiro da Orde de infraestruturas do Goberno galego, que supuxeron unha achega de 35.000 euros