Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

09/09/21 | 18:40 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa supervisa o estado final da pista de pádel de Meira (Lugo) na que a Xunta investiu máis de 20.000 euros

O mandatario galego subliña a necesidade de que as distintas administracións colaboren para sacar adiante infraestruturas deportivas axeitadas á realidade do deporte galego e para conseguir “a poboación activa e saudable que todos desexamos”

09/09/21 | 17:08 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta de Galicia impulsará a primeira pista de atletismo homologada da comarca da Mariña, no concello de Cervo

A nova pista aproveitará e optimizará as instalacións deportivas da Veiga que ademais contan cun pavillón polideportivo

09/09/21 | 15:23 | A Presidencia da Xunta

A Xunta activa unha nova liña de axudas directas para apoiar a reactivación da actividade deportiva competitiva

Haberá 3 liñas de actuación: axudas á competición oficial autonómica e á competición oficial estatal non profesional, axudas para a compensación da minoración dos ingresos e axudas ás federacións deportivas galegas

09/09/21 | 14:20 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social achega máis de 11.000 euros para a posta en marcha dun proxecto deportivo destinado a persoas con discapacidade intelectual

O director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Fernando González Abeijón, visitou hoxe o centro de día Juan María en Nigrán

09/09/21 | 13:45 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa e a nova xerente do Clúster Galego do Deporte, a campioa olímpica Sofía Toro, xa traballan en prol da industria deportiva galega

Ambos coincidiron nos obxectivos da entidade: Impulsar servizos innovadores; deseñar grandes proxectos sectoriais; fomentar a transferencia de coñecemento; propiciar a colaboración público-privada e instrumentos de financiamento; crear postos de traballo; captación de investimentos; favorecer a internacionalización; proporcionar recursos, formación e asesoramento; así como fomentar hábitos saudables, obxectivos fundamentais

08/09/21 | 17:23 | Secretaría Xeral para o Deporte

Deporte, Turismo e a xestión da pandemia danse a man no Congreso Nacional de Federacións Autonómicas de Golf onde Galicia amosa o seu liderado

O secretario xeral para o Deporte destaca a capacidade de liderado do golf galego e subliña a capacidade de recuperación do deporte de Galicia que o 15 de xullo de 2020 xa contaba cun protocolo específico e que deseñou unha unidade didáctica para achegar o golf aos máis pequenos

08/09/21 | 15:40 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Xacobeo 6MR Europeans 2021 volve a poñer á vela galega no epicentro do deporte nacional e internacional

O secretario xeral para o Deporte destaca a Galicia ocmo "potencia mundial na vela" tras a portentosa actuación en Toquio de Nico Rodríguez, Iago López Marra e Támara Echegoyen

08/09/21 | 14:23 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta retoma a competición da Liga Galega de Break en Noia o próximo sábado 11 de setembro

Na actividade poderán participar desde persoas que se atopen no nivel de iniciación ata no avanzado a partir dos 6 anos de idade