Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

29/08/22 | 14:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta consolida o seu apoio á creación emerxente na XII edición do ‘Encontro de artistas novos’ que reúne no Gaiás a 40 creadores de dentro e fóra de Galicia

Dirixido por Rafael Doctor, o ‘EAN’ ofrécelles a oportunidade de amosar o seu proxecto artístico, establecer sinerxías e aprender de nomes como Ana Esmith (Miss Beige), Tono Arias, Beatriz Lobo ou Miguel Scheroff, que participan este ano como relatores

28/08/22 | 15:10

Ángeles Vázquez aposta polos festivais como un escenario idóneo para promover prácticas sostibles

Durante toda a xornada están previstas accións divulgativas en materia de residuos, o reparto de merchandising entre os asistentes e a celebración de xogos e actividades lúdicas sobre como reciclar con xeito ou mesmo aprender a compostar restos orgánicos

28/08/22 | 10:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta activa un novo fondo de 1,3 M€ en axudas para impulsar a innovación e a competitividade da industria cultural galega

O Diario Oficial de Galicia vén de publicar as bases reguladoras destas subvencións para a adquisición de equipación por parte de empresas privadas e traballadores autónomos do sector, que poderán solicitalas ata o 25 de outubro

26/08/22 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca en Folgoso do Courel o festival dos Eidos co apoio da Xunta para a súa programación musical

Resultou adxudicatario, por segundo ano consecutivo, dunha das subvencións da Consellería de Cultura, Educación e Universidade a festivais profesionais de música, a través das que este ano se distribúen 350.000 euros entre 21 encontros

26/08/22 | 13:49 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Gaiás despide con preto de 30.000 visitas a mostra ‘Obxectos de desexo’ organizada pola Xunta, a Fundación ”la Caixa” e o Vitra Design Museum

O Museo Gaiás exhibe ata o domingo 280 pinturas, esculturas, obxectos ou fotografías de Man Ray, Dalí, Gaudí, Le Corbusier, De Chirico ou Meret Oppenheim entre outros

25/08/22 | 12:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta impulsa catro concertos de Amancio Prada en espazos monumentais cun repertorio decidado á figura de Rosalía de Castro

O compositor abrirá o ciclo este sábado na igrexa de San Martiño Pinario de Santiago e continuará o domingo no mosteiro de Armenteira de Meis

24/08/22 | 19:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

As feiras do libro pechan a edición de 2022 cun incremento no número de vendas e participantes

O circuíto impulsado polo Goberno galego e a Federación de Librarías de Galicia involucrou a un total de 90 librarías, un 26% máis que o pasado ano

24/08/22 | 13:57 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias: “O concerto de C. Tangana foi un éxito absoluto e o Xacobeo aínda ten reservadas outras grandes actuacións en Vigo”

A delegada territorial da Xunta en Vigo destaca a actuación ofrecida este martes: “Tivemos a sorte de desfrutar dun espectáculo único nun lugar moi especial”

23/08/22 | 13:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A música galega prepara o seu desembarco no Womex de Lisboa co apoio da Xunta

O director de Industrias Culturais, Jacobo Sutil, recibiu á cantautora Sheila Patricia con motivo da súa selección dentro do programa oficial da 28ª Worldwide Music Expo na capital portuguesa, onde viaxará coa colaboración do Goberno galego

23/08/22 | 10:47 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta promove 22 actuacións en 14 concellos de Lugo na última quincena do ciclo Cultura no Camiño

Apoia a dinamización cultural dos municipios polos que transcorren as rutas xacobeas asumindo o 50% do investimento de cada espectáculo