Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

12/04/22 | 10:38 | C. do Medio Rural

A Xunta estudará a posibilidade de desenvolver unha aldea modelo no Porriño a solicitude deste concello

Trátase de avaliar a idoneidade de diversos núcleos para a posta en marcha desta figura, contemplada na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

10/04/22 | 12:00 | C. do Medio Rural

A Xunta e o Concello de Salvaterra de Miño colaborarán na posible posta en marcha dun polígono agroforestal para cultivo de viñeda da denominación de orixe Rías Baixas

Trátase de determinar a área máis acaída para esta figura, contemplada na Lei de recuperación da terra agraria de Galicia

09/04/22 | 14:00 | C. do Medio Rural

A Xunta pon de relevo na Feira do Viño de Amandi o potencial da próxima Lei da calidade alimentaria para enxalzar o bo facer das adegas e viticultores galegos

No marco desta posta en valor dos nosos produtos agroalimentarios de calidade, José Luis Cabarcos destacou a boa acollida dos viños galegos nas feiras Alimentaria e Barcelona Wine Week, así como a próxima presenza no Salón Gourmets de Madrid

08/04/22 | 15:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta comeza as obras da rede de camiños principais da concentración parcelaria de Oleiros cun orzamento de 1,5 M€

O delegado territorial, Luis López, asistiu esta mañá á presentación dos traballos, que contemplan a execución de 11,4 quilómetros de vías, entre acondicionamento das existentes e outras de nova apertura, cun prazo de execución de 18 meses

08/04/22 | 13:25

A Xunta reforzará a prevención de riscos do persoal veterinario no marco da campaña que levará a 9.000 explotacións de vacún este ano

A directora xeral de Relacións Laborais, Elena Mancha, presentou hoxe no Colexio de Veterinarios de Lugo a iniciativa ‘Protexe o traballo do persoal veterinario na túa explotación de gando vacún’

08/04/22 | 10:28 | C. do Medio Rural

A Xunta inviste preto de 40.000 euros na creación e mantemento de faixas auxiliares e na roza de pistas do distrito forestal XIX Caldas-O Salnés

Os labores preventivos -desenvolvidos entre este ano e o pasado 2021- estanse a realizar en zonas declaradas de alto risco de rexistrar incendios forestais dos concellos de Meis, Barro, Pontevedra, Poio, Caldas de Reis e Vilagarcía de Arousa

07/04/22 | 13:52 | C. do Medio Rural

A Xunta inicia a segunda fase do proceso participativo para a elaboración do plan integral de recuperación da área sur oriental de Ourense cunha mesa sobre o turismo

En total, haberá talleres en cada un dos 10 concellos implicados e cinco mesas temáticas para priorizar e recoller máis propostas de dinamización do territorio, tras rematar coa primeira fase do proceso na que participaron preto de 80 axentes

07/04/22 | 13:31 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade destaca a aposta pola excelencia das empresas certificadas Patatas Conde (Xinzo) e Quesos Feijoo (Celanova)

A xerente do organismo dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, Ana Méndez, mantivo encontros cos responsables destas compañías que contan con selo de garantía autonómico para coñecer as súas propostas

06/04/22 | 16:55 | C. de Economía e Industria

O cociñeiro Xoán Crujeiras achega ao alumnado do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra os produtos de Galicia Calidade

A quinta cita da Aula Gastronómica Galicia Calidade consistiu nun showcooking do chef do Restaurante Bido (A Coruña) ante unha vintena de estudantes

06/04/22 | 13:20 | C. do Medio Rural

A Xunta pon a empresa Innolact como exemplo de I+D+i no sector lácteo galego, apostando pola diversidade de produtos nun mercado cada vez máis esixente coa calidade

José Balseiros coñeceu os proxectos levados a cabo ao longo destes últimos anos grazas a axudas da Consellería do Medio Rural, como é o caso da súa planta de biogás para tratar os residuos co obxecto de producir enerxía