Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 468 novas da área temática Administración pública:

25/10/20 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta avanza na posta en marcha do sistema de cita previa a través de internet no Rexistro Civil de Ferrol

A partir de mañá estará operativo en Ferrol e xa funciona nos de Lugo, Pontevedra e Santiago

22/10/20 | 14:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Vilamartin de Valdeorras e co alcalde dos Blancos

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

22/10/20 | 12:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia a 34 entidades veciñais da provincia de Ourense cun investimento de 511.300 euros

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, visitou esta mañá as actuacións levadas a cabo na Asociación de veciños de Casar e Balboa de Lamas en Pena Corneira para ampliar o local social e equipar as instalacións

21/10/20 | 15:01 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Barbadás e co alcalde de Cortegada

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

20/10/20 | 13:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa da Bola e co alcalde de Xunqueira de Ambía

O novo representante do Goberno autonómico analizou cos rexedores de ambos municipios os temas relacionados coa administración autonómica

19/10/20 | 12:28 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co concello de Dozón na reparación da rede de abastecemento de auga de varios núcleos do municipio

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, visitou esta mañá o concello ao que destinou unha axuda de 32.000 euros para este fin

19/10/20 | 12:09 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense analiza co alcalde de Cenlle liñas de colaboración para seguir coa mellora de servizos e infraestruturas municipais

Gabriel Alén, que foi rexedor da localidade 9 anos, avaliou con José Manuel Rodríguez as recentes achegas autonómicas que posibilitaron a construción dunha aula cemit e a reforma integral dos seus dous centros de saúde

16/10/20 | 10:27 | C. de Facenda e Administración Pública

Facenda remite aos sindicatos a nova proposta de regulación de teletraballo dos empregados públicos da Xunta de Galicia

Galicia será unha das primeiras comunidades en adaptarse á normativa de reforma do teletraballo aprobada recentemente polo Goberno central

15/10/20 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realiza unha visita institucional a Campo Lameiro

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Carlos Costas, as necesidades e demandas deste concello en relación á administración autonómica centradas nos accesos ao parque arqueolóxico, así como a melloras no saneamento

15/10/20 | 15:25 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, realiza unha visita institucional a Cuntis

A nova representante territorial analizou co alcalde desta localidade, Manuel Campos, as necesidades e demandas deste concello en relación á administración autonómica centradas na necesidade dun novo vehículo para a policía local, melloras no saneamento e na limpeza do río Gallo