Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 773 novas da área temática Xacobeo:

30/09/21 | 20:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta salienta en Lisboa a vitalidade do Camiño Portugués como unha oportunidade para o turismo

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, deu a coñecer a oferta turística galega aos principais operadores lusos, aos que asegurou que o Camiño de Santiago é un reclamo de éxito para os seus negocios

29/09/21 | 21:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta subliña o valor do libro 'Máis alá e máis arriba' de Vázquez Taín para afondar na orixe e na historia do Camiño de Santiago

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participaron hoxe na presentación da obra

29/09/21 | 13:56 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A colaboración da Xunta e Cruz Vermella permitiu atender a máis de 1.200 persoas co programa 'Contigo no Camiño'

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, participou esta mañá nun percorrido desde O Pino para conmemorar esta experiencia piloto que se levou a cabo no Camiño Francés entre agosto e setembro e coa previsión de estender o programa a máis rutas xacobeas en 2022

29/09/21 | 12:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

“O teu Xacobeo” e Fundamar presentan a primeira senda do patrimonio industrial marítimo pesqueiro no Camiño de Santiago

A delegada da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, inaugurou hoxe Recaladas no Camiño, un proxecto que busca contribuír á identificación e valorización dos recursos turísticos que vencellan as industrias do mar ás rutas xacobeas

29/09/21 | 10:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta organiza este sábado en Lugo un festival con oito orquestras galegas no marco do Xacobeo 21-22

As entradas poden reservarse online de xeito gratuíto e as actuacións serán ao aire libre nos xardíns do Pazo de Feiras e Congresos

27/09/21 | 19:34 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez destaca a contribución da novela histórica para divulgar os valores do Camiño de Santiago ao gran público

Salienta a importancia de reunir neste ciclo a autores referentes do xénero como Isabel San Sebastián, Antonio Pérez Henares, Juan Eslava Galán ou Emilio Lara para “seguir avanzando no necesario coñecemento da Ruta Xacobea en todos os eidos”

27/09/21 | 19:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta
25/09/21 | 12:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta investiu xa este ano 3,5 M€ na reactivación do turismo galego a través do bono turístico

Como colofón dun verán sen precedentes no que Galicia liderou o crecemento do turismo nacional, de aquí ao final de ano consumiranse 5.000 tarxetas máis, polo que cando finalmente remate a campaña, teranse mobilizado 7,5M€

24/09/21 | 14:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta clausura en Ribadeo o obradoiro de emprego sobre o Camiño, que iniciará nova edición a partir de outubro

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, entregou os diplomas aos 20 alumnos que se formaron en promoción turística e produtos multimedia interactivos

24/09/21 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López destaca o 'enorme traballo' da Asociación Amigas e Amigos do Camiño Portugués na difusión do Xacobeo e do dobre Ano Santo

O delegado territorial da Xunta asiste no Liceo Casino de Pontevedra ao acto de imposición das insignias de ouro da entidade aos presidentes das cámaras municipais de Ponte da Lima e Viana do Castelo, Vítor Mendes e José María Cunha