Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

26/11/20 | 11:29

Medio Ambiente concede unha axuda de 200.000 euros do Fondo de Cooperación para a reforma de varios edificios que albergarán o novo centro de día e a residencia de Calvos de Randín

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o alcalde de Calvos de Randín veñen de asinar convenio polo cal a administración local accede a un préstamo sen xuros

25/11/20 | 17:14

Vázquez Mejuto reitera que unha reforma lexislativa é a solución duradeira e eficaz para rematar coas ocupacións e coa sensación de impunidade ao redor deste fenómeno

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda recorda que a Xunta leva meses pedindo ao Goberno que se involucre nesta medida, dado que ten as competencias para impulsar a reforma

24/11/20 | 12:26

O IGVS adxudica tres vivendas de promoción pública nas rúas Real 25 e Cruz Verde 12 no Casco Vello vigués

A delegada da Xunta e presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo, Marta Fernández-Tapias, acentúo a intensa labor desenvolvida nos últimos anos polo ente

21/11/20 | 14:05

Medio Ambiente destinará en 2021 máis de 12 millóns de euros para incrementar a oferta de vivenda no concello de Vigo

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta que máis dun 60% do orzamento está reservado para o Polígono de Navia

17/11/20 | 12:21 | A Presidencia da Xunta

Feijóo salienta os avances no proxecto de ampliación do barrio de San Paio de Navia coa comercialización das primeiras parcelas en 2021 e o inicio da construción das 1.600 vivendas públicas

Precisa que, neste momento, a Xunta xa dispón de case 180.000 metros cadrados, dos 265.000 metros que abarca o proxecto para a construción das vivendas protexidas, ademais de zonas verdes, prazas de aparcamento e un carril bici

16/11/20 | 12:51

A Xunta inicia o procedemento para a adxudicación en réxime de alugueiro de tres vivendas de promoción pública en Ourense

Os inmobles están localizados na rúa Vilar números 3 e 5, en pleno casco histórico

13/11/20 | 12:05

Ángeles Vázquez invita aos veciños das ARI de Santiago a dispoñer dos máis de 330.000 euros en axudas para a rehabilitación dos inmobles e vivendas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá a Área de Pontepedriña, que xunto coa de Casco Histórico e de Vite, veñen de recibir fondos da convocatoria de 2020 deste programa de rehabilitación

11/11/20 | 16:50 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Sorteadas esta mañá nove vivendas de promoción pública rehabilitadas no barrio da Tinería

As vivendas do casco histórico de Lugo atópanse en catro edificios reformados integramente nas rúas Tinería e Recanto do Miño