Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta referenda o seu compromiso coa formación e o talento feminino na entrega dos premios ‘Son Muller’
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou no acto de entrega de galardóns da Asociación de Empresarias de Lugo
A Xunta eleva a case 742.000 euros con cargo ao 0,7% do IRPF os apoios a entidades sociais para impulsar a igualdade e loitar contra a violencia de xénero
O Goberno galego vén de ampliar ata os 741.945 euros as axudas para programas dirixidos a apoiar a mulleres en situación de vulnerabilidade
A Xunta apoiará en 2022 con 7.000 euros aos orfos e orfas de vítimas mortais por violencia de xénero e ás mulleres gravemente feridas tras unha agresión
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria destas axudas para o próximo ano por valor de 70.000 euros
A Xunta flexibiliza o acceso das vítimas da violencia vicaria ás axudas mensuais de ata 800 euros tras ser recoñecidas por lei vítimas da violencia de xénero
O Goberno galego reduce os requisitos para que estas mulleres accedan aos apoios ao eliminar o límite de tempo transcorrido desde o cese da convivencia co agresor e para a acreditación da situación de violencia
O Camiño Inglés centrou o derradeiro encontro da I edición do Xacobeo Peregrinas que rematou hoxe en Ferrol
A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, participaron nun encontro no que tamén se deron cita a presentadora Paula Vázquez, a gaiteira Susana Seivane e a artista Lara Lars
A Xunta incrementará nun 10,5% o financiamento dos 84 centros de información á muller de Galicia ata chegar aos case catro millóns de euros
A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe en Santiago a última das xornadas do III Plan de formación do persoal dos CIM que arrancou en outubro e incluíu tres accións formativas en liña e a de hoxe presencial
Feijóo resalta un investimento de máis de 34 millóns en 2022 para impulsar o emprendemento feminino e a inserción laboral e seguir avanzando cara á igualdade real
Reitera o compromiso da Xunta para acabar coa fenda de xénero no sector científico e tecnolóxico e avanza que o Goberno galego está xa a traballar no deseño do III Programa muller e ciencia en Galicia 2023-2025
A Xunta contribuirá a consolidar máis de 100 empregos de mulleres na provincia de Lugo en 2021 grazas ao plan Emega de emprendemento feminino
A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, puxo en valor o compromiso do Goberno galego coa iniciativa empresarial feminina que atopa a súa “máxima expresión” no programa Emega de emprendemento de mulleres
A Xunta concede 218 axudas á redución de xornada para fomentar a corresponsabilidade entre homes e mulleres nos fogares galegos
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da nova convocatoria de apoios para a redución de xornada para coidado de fillas e fillos, que atendeu todas as solicitudes que cumpriron requisitos con axudas que sumarán máis de 400.000 euros