Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

08/09/22 | 15:10 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta acomete e activa 17 actuacións en colexios e institutos públicos de Deza e Tabeirós-Montes para o curso 22/23 cun investimento de 6,1 M€

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informou das actuacións educativas realizadas e as que xa están en licitación para estas bisbarras nunha visita ao IES Pintor Colmeiro de Silleda, onde se renovaron as luminarias e se completou un novo patio cuberto
 

08/09/22 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras para dotar de acceso o futuro parque empresarial de Beariz desde a estrada OU-212, que suporán un investimento de 445.000 €

Conectarase a estrada autonómica co viario interior do futuro parque de Lebozán, dándolle maior operatividade á área industrial e reforzando a competitividade e as potencialidades empresariais do municipio

08/09/22 | 14:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de reforzo do firme na estrada AC-550, entre Noia e Ribeira, que suporán un investimento de máis de 2,6 M€

Actuarase no treito que une estas dúas localidades pasando por Porto do Son, entre os puntos quilométricos 69+500 e 107+850
 

08/09/22 | 13:29 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Martina Aneiros anuncia medidas de aforro enerxético coa instalación de placas fotovoltaicas no CEE Terra de Ferrol

A delegada territorial visitou o centro no que a Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidade leva a cabo obras por preto de 70.000 euros
 

08/09/22 | 13:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arias abre en Outeiro de Rei o curso escolar, do que destaca 78 actuacións en centros da provincia cun orzamento de case 18 M€

O delegado territorial de Lugo explica que hai 31 grandes obras en distintas fases de execución cun investimento próximo aos 17M€, ademais de 47 intervencións menores realizadas este verán noutros tantos colexios e institutos
 

07/09/22 | 19:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre ao tráfico a rúa Doadores de Sangue en Ferrol, coincidindo co inicio do curso escolar

A rúa quedou aberta á circulación pasadas as 19,00 horas, restando o pintado dos pasos de peóns nas entradas aos colexios, que está previsto acometer para mañá pola noite

07/09/22 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta remata a rehabilitación integral e enerxética do CEP Sequelo de Marín cun investimento de 825.000 €

O delegado territorial, Luis López, supervisou a modernización do centro, acompañado pola alcaldesa María Ramallo, nas vésperas do inicio do curso escolar e destaca o cumprimento dos prazos previstos malia a crise de subministros

07/09/22 | 14:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Trenor destaca a mellora da seguridade tras o investimento dun millón de euros na estrada AC-423 que une Agrilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños

A actuación contou cun investimento da Xunta de máis de 1 millón de euros e levouse a cabo na estrada que conecta coa autovía da Costa da Morte, no treito entre os puntos quilométricos 0 e 5+350

06/09/22 | 12:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Rueda avanza a posta en servizo a mediados de 2023 dun novo treito da VAP Tui-A Guarda entre o polígono de Areas e a A-55 tras un investimento de 21 M€

Subliña que a Xunta prevé contar en outono coa declaración de impacto ambiental da infraestrutura ata Goián e avanzar noutros tramos
 

05/09/22 | 15:01 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta habilitará unha senda peonil na estrada OU-933 na contorna do IES Cosme López Rodríguez no Concello da Rúa

As obras, que suporán un investimento autonómico de preto de 50.000 euros, comezarán nas vindeiras semanas