Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Emerxencias:

26/02/22 | 09:00

A Xunta retoma as visitas guiadas ‘Descubrindo o Parque Nacional’ para máis dun cento de participantes

Organízanse seis excursións aos catro arquipélagos para coñecer os valores destes espazos e apreciar a singularidade dos mesmos fóra de tempada estival

19/02/22 | 13:48

A Xunta investirá case 90.000€ na sinalización de terreos cinexéticos e hábitats piscícolas de xestión pública

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de adxudicar o contrato para a adquisición de máis de 11.000 sinais e mastros para garantir a posta en valor e un aproveitamento ordenado e sustentable dos recursos naturais cinexéticos e piscícolas

18/02/22 | 12:55

A última edición da campaña 'Camiño da Reciclaxe' culmina coa plantación de máis de 600 árbores autóctonas no concello de Cerdedo-Cotobade

“A natureza e a paisaxe son elementos indisolubles da peregrinación, e os ‘ecoperegrinos’ actúan como embaixadores dos recunchos naturais de Galicia”, asegurou a conselleira

16/02/22 | 14:36

A Xunta recibiu xa máis de 200 solicitudes para as axudas do PREE 5000 e anima aos galegos a aproveitar os incentivos destinados a rehabilitar vivendas

Ángeles Vázquez subliña que os propietarios particulares que se beneficien desta orde poderán recibir unha subvención equivalente á totalidade do custo da obra, que terá que garantir un aforro enerxético no inmoble de, como mínimo, un 30%

16/02/22 | 12:38

Os 17 concellos da Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas optan a axudas de ata 80.000 € para actuacións que poñan en valor estes espazos

Belén do Campo recordou que esta orde -dirixida tamén ás entidades ambientais e sociais- está dotada dunha partida de 3,22 millóns de euros

15/02/22 | 14:46

A Xunta salienta que os galegos reciclaron un 1,4% máis de envases de plástico, latas e briks en 2021

Ángeles Vázquez pon ao concello da Baña como exemplo de xestión do lixo de orixe doméstica por ser un dos municipios galegos que máis logrou minorar as súas achegas da bolsa negra ao tempo que incrementou nun 55,2% os envases lixeiros recuperados

15/02/22 | 12:46

A Xunta e Ecoembes retan a 13 concellos a incrementar nun 10% a recollida do contedor amarelo

O esforzo que realicen Ordes, Santa Comba, A Laracha, Sarria, Burela, Chantada, O Carballiño, Verín, Cangas, Moaña, Bueu, Gondomar e Tomiño será recompensando cun premio de 2.000 euros para doar á causa social que elixan

12/02/22 | 12:47

A Xunta e o Concello de Monterroso colaborarán na posta en valor da área recreativa da Peneda

O Goberno local ten un proxecto para acometer a mellora deste complexo turístico natural, unha zona moi visitada e dotada de praia fluvial, piscinas e zona de ocio

11/02/22 | 15:32

Os 15 concellos ourensáns das reservas de biosfera optan a axudas de ata 80.000 € para actuacións e iniciativas que poñan en valor estes espazos

A partir de mañá e durante un mes, os 86 municipios galegos localizados nos sete espazos con esta declaración, así como entidades ambientais e comunidades de montes poderán acollerse á orde de subvencións convocada hoxe, dotada de 3,22 M€

11/02/22 | 11:55

A Xunta detecta unha obra de canalización de augas sen autorización en San Xiao de Cebreiro, no Pino

Os axentes medioambientais levantaron acta dos feitos e deron trasladalo a Augas de Galicia para a súa avaliación e, no seu caso, a adopción das medidas oportunas