Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2788 novas da área temática Administración pública:

02/07/22 | 10:57 | C. de Sanidade

Galicia rexistra un total de 15.599 casos activos por coronavirus

Un total de 629.928 pacientes xa están curados

01/07/22 | 14:45 | C. de Sanidade

A directora xeral de Planificación e Reforma Sanitaria recibe o XVII Premio á Administración Sanitaria

O xurado premiou a Estrella López-Pardo polo “compromiso coa escoita e a aposta pola dixitalización” do departamento que dirixe

O Conselleiro de Sanidade acudiu a este evento organizado por Redacción Médica, en colaboración de Abbot, Carburos Médica e Organon
01/07/22 | 14:17 | C. de Sanidade

A Xunta construirá en Malpica un novo centro de saúde que duplicará a superficie do actual

O conselleiro de Sanidade e o alcalde asinaron hoxe o protocolo que permitirá a cesión á Xunta da parcela na que se edificará

01/07/22 | 12:10 | C. de Sanidade

A Xunta incrementa nun 11% o seu apoio ao programa de rehabilitación fisioterapéutica da Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas

O Executivo galego achega 32.803 euros para apoiar a atención fisioterapéutica ás persoas que padezan unha enfermidade rara ou estean pendentes de diagnóstico

30/06/22 | 18:15 | C. de Sanidade

A plataforma TELEA do Sergas recibe o premio IESE-Novartis á excelencia operativa en xestión sanitaria

A plataforma TELEA foi premiada na categoría de “Iniciativas innovadoras de xestión baseadas en Novas Tecnoloxías da Información e o Coñecemento”

Esta aplicación informática, ten como obxectivo mellorar a calidade da atención seguimento sanitario na comunidade galega
30/06/22 | 18:05 | C. de Sanidade

A Xunta incide na contribución do proxecto ‘Blood’ e o seu aplicativo informático na xestión segura dos compoñentes sanguíneos

A través de diversos mecanismos, garántese a trazabilidade do proceso de “vea a vea”

No marco do proxecto inclúese o deseño dos fluxos de traballo, a través de grupos multidisciplinares altamente especializados e que apostan por un modelo único e integrado na xestión da información

O Sistema Lembra permite que os usuarios reciban unha mensaxe de agradecemento no momento en que se utiliza a súa doazón
30/06/22 | 16:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Galicia asume a coordinación autonómica ante o Consello da UE en materia de saúde para solicitar unha Europa da saúde máis forte e coordinada

Galicia coordinará a partir do 1 de xullo, e durante un semestre, os intereses das comunidades autónomas españolas ante o Consello da UE en materia de saúde.

30/06/22 | 15:00 | A Presidencia da Xunta

Rueda destaca o investimento de máis de 8,4 M€ na adquisición de 8 equipos de radioloxía vascular e neurovascular para os hospitais do Sergas

“Esta tecnoloxía chegará por primeira vez ás áreas de Lugo , Ferrol e Ourense, o que evitará que pacientes teñan que desprazarse a outros hospitais para estas probas ou tratamentos”, indica