Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

05/10/21 | 15:24 | Secretaría Xeral para o Deporte

A comarca do Ribeiro estrea vestiarios e bancadas nos campos de fútbol de Arnoia e Cortegada grazas ás obras da Xunta

Os novos vestiarios do campo de Arnoia contaron cun investimento de 48.379,96 euros (achegando a Xunta o 80%) e as bancadas do campo de Cortegada supuxeron un importe de 48.000 euros (sendo o 62,5% finaciado polo goberno galego)

30/09/21 | 16:29 | Secretaría Xeral para o Deporte

119 clubs e 26 federacións, beneficiados coa primeira convocatoria para a adquisición de equipamentos deportivos que acada 2,6 millóns de euros en 2021

11 federacións deportivas galegas e 53 clubs acadaron o importe máximo subvencionable, de 10.000 euros no caso das federacións e 5.000 euros no caso dos clubs

28/09/21 | 17:15 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta lembra que o deporte non federado pode levarse a cabo aplicando o protocolo FISICOVID-DXTGALEGO

A celebración de eventos deportivos e outras actividades deportivas non federadas de carácter organizado como campus deportivos, campamentos deportivos e outras actividades análogas, como escolas deportivas municipais, poderanse realizar de acordo ao protocolo FISICOVID correspondente

27/09/21 | 13:32 | Secretaría Xeral para o Deporte

O secretario xeral para o Deporte participa da inauguración da Semana Azul 2021

Organizada pola Asociación Ría de Vigo de Entidades Náuticas – ARIVEN, a Semana Azul diríxese dar a coñecer a gran oferta de actividades náuticas da ría de Vigo.

23/09/21 | 15:00 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta impulsa o torneo de rugby inclusivo que se celebra esta fin de semana en Ribadeo, no marco do programa O teu Xacobeo

O Goberno galego achega 20.000 euros á iniciativa, na que participan equipos de España, Francia e Portugal que integran a persoas con discapacidade intelectual

23/09/21 | 14:48 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra acolle a presentación dunha xornada da Liga Xunta de Galicia de Breaking

Á presentación asistiron o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel

23/09/21 | 14:25 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta de Galicia aproba, a través da Fundación Deporte Galego, a II edición do Plan de patrocinios dos equipos de alta competición femininos

A convocatoria será publicada nas vindeiras datas no Diario Oficial de Galicia, e está dotada con 254.000 euros.

22/09/21 | 18:10 | C. de Política Social e Igualdade; Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta destaca o primeiro Campionato galego de surf adaptado por dar visibilidade á inclusión das persoas con discapacidade

Medio cento de deportistas participan neste evento que comeza hoxe e se celebrará ata o domingo na praia de Patos