Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

04/09/22 | 10:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Centro Coreográfico Galego retoma o seu plan de formación continua cun curso de baile tradicional impartido por Fran Sieira na Coruña e Ourense

Arranca mañá na sede coruñesa da unidade de danza da Xunta, onde se desenvolverá ata o día 9, e celebrará unha última xornada o sábado 10 no Centro Cultural Marcos Valcárcel da cidade das Burgas

03/09/22 | 13:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta reforza a dotación sociocultural das Somozas co novo Centro Cívico inaugurado hoxe

 O vicepresidente segundo, Diego Calvo, participou na sesión de apertura das instalacións, que supuxeron un investimento de 140.000 euros

03/09/22 | 13:30 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O cineasta Oliver Laxe reúne nos Ancares 16 creadores para a primeira edición das residencias ‘Proxectos creativos esenciais’ co apoio da Xunta

O encontro que organiza a Asociación Ser terá lugar ata o día 10 na Casa Quindós, en Navia de Suarna, alternando a asesoría nos campos de guión, produción ou financiación audiovisual con sesións de ioga, proxeccións de cine e actividades de conexión co rural

02/09/22 | 20:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias presenta o libro “A muller no mar: historia de soños cumpridos” e destaca a labor dos autores para poñer en valor ás pioneiras galegas

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este venres á presentación da obra escrita por Bartolomé Cánovas e Raúl Villa

02/09/22 | 15:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta contribúe á programación escénica da Coruña con 18 actuacións dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios

O circuíto de exhibición de espectáculos, cofinanciado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades e as entidades locais asociadas, achega 10 representacións ao Fórum Metropolitano e oito ao Teatro Rosalía Castro entre os meses de setembro e decembro

02/09/22 | 14:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional; C. de Sanidade

O Festival Galicia Ilusiona, que promove a Xunta, recala na unidade de pediatría do HULA

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliña que o auditorio Gustavo Freire da cidade acolle mañá un dos pratos fortes da programación, a gran gala que protagonizarán algúns dos mellores magos de todo o mundo

02/09/22 | 14:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Fernández-Tapias asiste á apertura do ciclo de conferencias “Charlas en chanclas” no Barbeira Fest

A delegada territorial da Xunta en Vigo acudiu este venres á conversa na que participaron Ledicia Costas, Pedro Feijóo, Diego Giráldez e Jorge Martí

02/09/22 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inaugura en Ourense a mostra itinerante ‘100% María Casares. O teatro é o refuxio’

A iniciativa permanecerá na cidade das Burgas ata o 2 de outubro tras o seu paso por Santiago de Compostela, Ferrol, Vigo e Lugo
 

02/09/22 | 10:51 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A mostra fotográfica ‘A Vía da Prata. Aires do Sur’ deixa o domingo a Cidade da Cultura logo de recibir máis de 15.000 visitas este verán

Un total de 140 instantáneas de fotógrafos consagrados e emerxentes convidan a descubrir a historia, as xentes e o patrimonio da Ruta Xacobea de maior percorrido, de Sevilla a Compostela
 

01/09/22 | 17:13 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do Festival Revenidas 2022 que terá lugar a vindeira semana en Vilaxoán no marco dos Concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na rolda de prensa de presentación do festival