Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

27/01/21 | 19:15

Medio Ambiente reforma o programa de Vivendas Baleiras para dinamizar o alugueiro nos concellos cunha maior demanda

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda salienta que para incentivar a participación dos propietarios de inmobles se prevén axudas de ata 8.000 euros, coberturas e subvencións para arranxos, así como o acceso a préstamos para a rehabilitación sen xuros

25/01/21 | 13:29

O Concello de Ferrol traslada á Xunta a súa solicitude formal para que declare unha Área Rexurbe no casco vello da cidade

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda reuniuse hoxe co rexedor ferrolán, Ángel Mato, quen lle comunicou que o expediente está listo para ser remitido nuns días ao Instituto Galego da Vivenda e Solo e iniciar a súa tramitación

21/01/21 | 13:48

A Xunta convoca as axudas do Bono de Alugueiro Social para garantir que unhas 800 familias poidan manter a súa vivenda en 2021

Desde hoxe e ata o vindeiro 10 de decembro manterase aberto o prazo para que persoas e unidades de convivencia con dificultades económicas poidan solicitar esta subvención ao aluguer, cuxa contía oscila entre os 175 e os 225 euros ao mes

20/01/21 | 13:26 | A Presidencia da Xunta

Feijóo avanza o Pacto Social pola Vivenda 2021-2025, co obxectivo de mobilizar máis de 1.080 M€ e chegar a 70.000 familias

Sostén que esta iniciativa contribuirá a manter, aproximadamente, 30.000 postos de traballo e a reactivar a economía tras a incerteza e a actividade por mor da pandemia

20/01/21 | 10:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sorteou dúas vivendas de promoción pública en Santiago e Arteixo

Ambos pisos teñen unha superficie aproximada de 80 metros cadrados e contan con tres habitacións, garaxe e rocho

19/01/21 | 13:06

Medio Ambiente recolle nunha publicación a singularidade de trinta núcleos históricos para por en valor a súa riqueza paisaxística

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda participou esta mañá na presentación da publicación ‘A paisaxe do tempo’, onde se analiza a evolución urbanística, territorial e paisaxística destes núcleos que foron pezas importantes da rede urbana, a pesares de non rexistrar o desenvolvemento dunha cidade

15/01/21 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Marta Fernández-Tapias entrega as chaves da vivenda de promoción pública de Cruz Verde 12 a unha nova veciña do Casco Vello vigués

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada territorial da Xunta pon en valor a importancia de promover vivendas de protección, nomeadamente na cidade viguesa cos maiores rexistros de demandantes de entre as urbes galegas

13/01/21 | 12:29

Medio Ambiente sacará nas próximas semanas unha orde de axudas para rehabilitar viviendas municipais dotada con 1,7 millóns

A conselleira Ángeles Vázquez visitou esta mañá Bande, onde a Xunta investiu preto de 200.000 euros nas obras de recuperación de seis inmobles propiedade do Concello, que se adxudicarán en alugueiro a familias con poucos recursos

12/01/21 | 12:15

Medio Ambiente traslada ao Concello de Oímbra as distintas liñas para incrementar o parque municipal de vivendas públicas

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia coa rexedora municipal, á que lle brindou a colaboración do Instituto Galego de Vivenda e Solo para avanzar neste obxectivo en materia de vivenda

08/01/21 | 12:10