Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1231 novas da área temática Turismo:

23/02/22 | 20:36 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta louva a aposta da Ruta do Viño do Ribeiro pola recuperación da figura dos arrieiros

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou hoxe na estrea do documental “O Camiño do Viño. Historia dun arrieiro”, de Xoel Méndez, promovida en colaboración coa Xunta e a Denominación de Orixe do Ribeiro

23/02/22 | 15:38 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta achegou preto de 130.000 euros en catro anos para mellorar a accesibilidade da fervenza do Ézaro

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, comprobou os traballos de eliminación das barreiras arquitectónicas levados adiante na fervenza para a que o Goberno galego achegou o ano pasado case 30.000 euros

23/02/22 | 14:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Aberto o prazo de inscrición para participar na 2ª edición da aceleradora de proxectos turísticos da Xunta

O emprendemento innovador poderá optar á segunda edición deste programa de formación e mentorización do Goberno galego, que se desenvolverá entre abril e decembro

22/02/22 | 12:46 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou con máis de 100.000€ a mellora de 7 establecementos turísticos de aloxamento e restauración da comarca do Barbanza

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, visitou o camping Praia Ría de Arousa de, un dos negocios beneficiarios o ano pasado desta liña de axudas

20/02/22 | 11:53 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destaca aos guías oficiais de turismo como prescriptores de calidade da marca Galicia

A directora de Turismo de Galicia participou en Pontevedra nun dos actos promovidos por APITGalicia con motivo da celebración do Día Internacional do Guía de Turismo

19/02/22 | 12:05 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inicia o proceso para o lanzamento da nova convocatoria do bono turístico

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, avanzou que este mesmo luns abrirá o proceso de selección da empresa financeira que xestionará a nova edición do bono turístico e que prevé que o procedemento quede resolto en pouco máis dunha semana

18/02/22 | 13:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Plan Camiña inclúe axudas aos concellos de ata 10.000 habitantes para consolidar a oferta turística en zonas rurais

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, comprobou hoxe os traballos de embelecemento na Avenida Barreiro Cabanelas da Lama, unha das 122 actuacións financiadas o ano pasado ao abeiro da orde de axudas para a mellora das infraestruturas turísticas dos municipios de ata 10.000 habitantes

18/02/22 | 12:55

A última edición da campaña 'Camiño da Reciclaxe' culmina coa plantación de máis de 600 árbores autóctonas no concello de Cerdedo-Cotobade

“A natureza e a paisaxe son elementos indisolubles da peregrinación, e os ‘ecoperegrinos’ actúan como embaixadores dos recunchos naturais de Galicia”, asegurou a conselleira

16/02/22 | 17:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aplaude que Portugal sitúe ao Camiño como prioridade e revulsivo da súa recuperación económica

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou nunha visita ao trazado do Camiño da Costa, oficializado polo Goberno luso

14/02/22 | 18:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta abre a orde de axudas a establecementos turísticos tras conceder achegas a 43 locais de Pontevedra e O Salnés por 720.000€ o pasado ano

O delegado territorial, Luis López, informou da nova convocatoria nunha visita, xunto ao alcalde de Poio, Luciano Sobral, ao hotel A Maquía, beneficiario destas axudas o pasado exercicio para a mellora do sistema eléctrico, un valado circundado e a adquisición de pérgolas