Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Lingua:

22/04/21 | 19:33 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A obra 'Vinte poemas de amor e unha canción desesperada' de Pablo Neruda xa se pode ler en galego

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou a obra que sae do prelo da man de Medulia Editorial e co apoio da Xunta

21/04/21 | 13:02 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta premia as mellores mensaxes en galego a través do certame Lingua de namorar

Faise pública a relación de mozas e mozos gañadores da décima edición, que obtivo unha importante participación na votación da nova categoría Instagram

19/04/21 | 13:32 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O Fondo de proxectos Xacobeo 21-22 difunde a cultura tradicional da man de Davide Salvado, Fransy González e Cibrán Seixo

O videoclip ‘Cantar do liño e Maneo de Xaviña’ presentado hoxe polo secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, forma parte dun proxecto musical conxunto para poñer en valor a nosa tradición máis arraigada

16/04/21 | 13:53 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta abre en Vigo a programación académica do instituto Castelao en homenaxe á antiga alumna Xela Arias

O secretario xeral de Política Lingüística e a delegada territorial da Xunta participaron no acto inaugural e na descuberta dunha placa no salón de actos que desde hoxe recibe o nome da anfitrioa das Letras Galegas 2021

15/04/21 | 16:38 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a publicación do ‘Igadi Annual Report 2020-2021’, que aborda a nova normalidade e a sociedade de risco global

A décimo cuarta edición deste informe anual realiza unha análise da xeopolítica internacional e da política global desde Galicia para achegar os acontecementos máis destacados do último ano e o contexto do actual

15/04/21 | 12:24 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta participa na presentación do I Premio Asubío de novela FMJJ Infancia e Mocidade pola Inclusión

A Consellería de Cultura colabora coa iniciativa literaria impulsada pola Fundación María José Jove e Hércules de Edicións para promover a creación literaria e a sensibilización en contra da exclusión social da infancia e da mocidade

14/04/21 | 14:13 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Arias gaba a iniciativa de promoción turística conxunta impulsada polos concellos do Vicedo e Portomarín

O delegado territorial da Xunta en Lugo e o secretario xeral de Política Lingüística asistiron á colocación dunha campá no Fuciño do Porco que anima a visitar o concello do Camiño Francés, onde outro sino invita a facer a viaxe á inversa

14/04/21 | 14:13 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta mellora as axudas a curtametraxes, obras audiovisuais dirixidas por mulleres ou rodadas integramente en galego

O DOG publica hoxe unha adaptación das bases para a súa aplicación urxente no marco do Plan de reactivación da cultura

12/04/21 | 19:50 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta participa nos actos do 350º aniversario do ‘Entremés famoso sobre a pesca no río Miño’

O libro 'Miño, río das letras', que sae do prelo co apoio da Consellería de Cultura, inclúe unha edición facsímile da primeira peza escrita en galego en 1671 por Gabriel Feixoo de Araúxo

09/04/21 | 12:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta incrementa nun 40% as axudas para a promoción do uso do galego por parte dos concellos

Destínanse 350.000 euros a apoiar a creación, o reforzamento dos servizos lingüísticos, así como ás programacións municipais de dinamización lingüística