Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

25/10/21 | 13:32 | Secretaría Xeral para o Deporte

O plan de patrocinio deportivo da Xunta contra a violencia de xénero chega este ano ao triple de equipos femininos de alta competición

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, participaron hoxe na presentación do programa ante os representantes dos 26 equipos galegos beneficiarios

21/10/21 | 20:38 | Secretaría Xeral para o Deporte
20/10/21 | 15:31 | Secretaría Xeral para o Deporte

Frades e Vilasantar estrean melloras nos seus campos de fútbol grazas as actuacións sufragadas pola Xunta

A colaboración coas entidades locais permitiu a ampliación dos vestiarios co campo de fútbol de Frades (50.000 euros) e a mellora enerxética do campo de fútbol de Vilasantar (25.000 euros)

19/10/21 | 13:46

A Xunta coordina co sector náutico-recreativo as accións de promoción de cara a 2022

Portos e Turismo de Galicia incidiron no esforzo da Administración galega por impulsar a actividade náutica vencellada ao turismo costeiro

19/10/21 | 12:44 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a hexemonía do surf galego, ano tras ano, con campións da talle de Esperanza Barreras, Guillermo Carracedo e Carlos Dopico

Pon o acento nos deportistas galegos de surf que levan conseguindo grandes resultados nos últimos anos desde pioneiros como Gony Zubizarreta ou Vicente Romero ata estes tres novos campións de España

16/10/21 | 12:54 | Secretaría Xeral para o Deporte

As axudas reto con igualdade Galicia-Tokyo chegan ao 100% dos deportistas olímpicos e paralímpicos que as solicitaron

Coa última resolución publicada, xa foron realizados todos os pagos os deportistas que recibiron as súas contías pertinentes en tres quendas

15/10/21 | 15:54 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca a Galicia como 'potencia nacional, continental, mundial e mesmo universal' da motonáutica

Na recepción aos pilotos, comisarios, xuíces, patrocinadores e colaboradores do Campionato de España, de Europa e do Mundo de Endurance que terán lugar esta fin de semana en Baiona

14/10/21 | 16:40 | Secretaría Xeral para o Deporte

O Xogade bota a andar unha tempada máis con seguridade e protocolos para as 16 modalidades escolares e 36 federadas

Ademais, propóñense outras actividades de promoción de escalada, golf ou loita, ás que se engadirán deportes urbanos como breaking, skate ou BMX consonte a evolución da demanda deportiva nos últimos anos e a consolidación das novas modalidades olímpicas

13/10/21 | 17:30 | Secretaría Xeral para o Deporte

A selección galega de para-karate adestra coa nacional durante a súa estadía na Agasp grazas ao convenio asinado coa Secretaría Xeral para o Deporte

A selección galega de para-karate conta neste intre con tres deportistas: Iván Pazos (discapacidade intelectual), Marcos Movilla (discapacidade física) e Cristy Tojo (discapacidade visual) que ademais é deportista galega de alto nivel