Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

11/02/21 | 14:29 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta sortea entre os seus adxudicatarios as dúas novas vivendas rehabilitadas no barrio dos Muíños de Mondoñedo

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que son froito das obras de rehabilitación dun edificio, ás que o IGVS destinou preto de 400.000 euros

08/02/21 | 12:10

A Xunta promoverá a rehabilitación de catro vivendas máis no Casco Vello de Vigo para continuar coa revitalización desta zona

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o número 13 da rúa Real, onde avanzou que a próxima semana solicitará licencia ao concello para poder licitar as obras antes de que acabe o mes

06/02/21 | 11:06

Medio Ambiente solicita a licenza municipal de obras para a rehabilitación de tres novos inmobles do programa Rexurbe adquiridos en Ferrol

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda investirá máis de 1,6 millóns de euros na súa rehabilitación, para obter sete vivendas e un local comercial

05/02/21 | 11:53

A Xunta entrega dúas vivendas de promoción pública no Casco Histórico de Vilalba

O delegado territorial, Javier Arias, salientou que as promocións do IGVS na localidade suman 294 pisos que rexistran plena ocupación

04/02/21 | 18:17

Medio Ambiente estudará co Concello do Irixo posibles fórmulas para habilitar vivendas de promoción pública no municipio

A conselleira Ángeles Vázquez e o rexedor Manuel Cerdeira reuníronse esta tarde por videoconferencia para abordar varios asuntos de interese municipal

03/02/21 | 13:19

A Xunta convocará a finais deste mes axudas de ata 50.000 euros por vivenda para concellos que rehabiliten con fins residenciais

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou esta mañá A Peroxa, un dos municipios que se beneficiou deste programa nos últimos anos para recuperar un total de seis vivendas, destinadas a alugueiro

02/02/21 | 12:44

A Xunta convoca axudas de ata 10.800 euros para facilitar aos mozos a compra dunha vivenda no marco do novo Pacto Social

O DOG publica hoxe unha orde de subvencións con 800.000 euros para adquisición de vivendas en concellos de menos de 5.000 habitantes por parte de xente nova

29/01/21 | 14:01

Fernández-Tapias destaca avances na ampliación de Navia ao concluír a tramitación ambiental do proxecto de urbanización

A delegada territorial en Vigo informa que o órgano ambiental determina que non son previsibles efectos significativos sobre o medio ambiente e, polo tanto, non se considera necesario sometelo a avaliación de impacto ambiental ordinaria

28/01/21 | 18:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia o inicio do proceso de adxudicación de dúas vivendas en Berbés 41 e unha en Abeleira Menéndez 16

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada territorial en Vigo sinala que este é o undécimo sorteo destas características convocado polo CCVV