Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 521 novas da área temática Igualdade:

05/05/21 | 18:43 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta trasladará ao Goberno central a súa defensa no mantemento da oficialidade do topónimo Ría de Ribadeo

O vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda, presidiu hoxe xunto co secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, a reunión da Comisión de Toponimia, na que se abordou este asunto trala petición de Asturias ao Estado para oficializar o nome Ría do Eo

05/05/21 | 16:25 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

O 17 de maio regresa a carreira 'Camiño das Letras' para homenaxear a Xela Arias na Cidade da Cultura

O Gaiás volve ser a meta da VII edición do evento que patrocina a Xunta para celebrar a festa da lingua galega e poñer en valor o Camiño de Santiago

05/05/21 | 14:58 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta fixa os exames oficiais de acreditación do Celga do 22 de maio ao 12 de xuño

As listaxes definitivas de persoas admitidas nas probas, 2766 en total, están xa publicadas no Portal da Lingua Galega

03/05/21 | 19:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
29/04/21 | 20:05 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Isabel Risco e Fran Rei recrean a primeira banda tecno galega no 'Dúo vaguedades' do fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021

O secretario xeral de Política Lingüística e os dous actores presentaron as pezas nas que mesturan humor e música da man de Rosalía de Castro e Eduardo Pondal

29/04/21 | 17:03 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta marca como unha das súas prioridades de actuación o fomento do uso do galego nas familias e a mocidade

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presenta no Parlamento as liñas de traballo do seu departamento, que aumenta o seu orzamento un 53%

28/04/21 | 12:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez reafirma o compromiso da Xunta coa lingua, que ten os índices de competencia máis elevados do Estado

O conselleiro de Cultura defende no Parlamento que o ensino está cumprindo a súa función formativa, tal e como reflicte o informe PISA, que certifica que somos a comunidade onde o alumnado fala dúas linguas con máis facilidade

26/04/21 | 20:28 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta apoia a obra ‘Anatomía do pensar II’ que analiza o discurso filosófico en España, Portugal e Latinoamérica

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presenta esta segunda entrega a cargo do filósofo, escritor e decano da Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago, Marcelino Agís