Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

10/09/22 | 13:00 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor visita o autobús promocional da 16 edición da campaña ‘Outono Gastronómico’ con 73 casas rurais adheridas

O delegado da Xunta presentou hoxe na Coruña a 16 edición deste programa que se iniciará o 16 de setembro e rematará o 18 de decembro

09/09/22 | 16:54 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta inaugura en Ourense a mostra itinerante ‘Compromiso na distancia’ sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán

Esta exposición, que se pode visitar na Biblioteca Pública de Ourense Nós ata o 29 de setembro, fai un repaso pola vida e obra do autor
 

09/09/22 | 12:21 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Javier Arias recibe aos peregrinos que integran a ruta dos dereitos humanos na súa parada en Lugo

O delegado territorial falou coas 25 persoas de varios países que realizan esta marcha, que pretende divulgar os 30 artigos da Declaración Universal coa colocación de placas noutros tantos lugares de Asturias e Galicia

08/09/22 | 15:22 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoia o festival Cúniquer, que ofrece música e gastronomía esta fin de semana en Portomarín

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, subliñou que o Camiño de Santiago “é un escenario idóneo para desfrutar dunha experiencia gastronómica e de ocio vinculada ao Xacobeo”

08/09/22 | 13:23 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Román Rodríguez celebra que os sucesivos gobernos mantivesen o compromiso coa renovación dos equipamentos culturais de Ourense

Subliña que as melloras na Biblioteca, o Arquivo e o Museo da cidade son “unha esixencia xusta e razoable dos veciños”
 

08/09/22 | 11:53 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta presenta o ciclo PequeClassic coa finalidade de achegar a música aos máis pequenos

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación deste festival que terá lugar nas 7 cidades galegas entre outubro e novembro

07/09/22 | 14:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta inviste máis de 45.000 euros en actuacións de restauración e posta en valor do foxo do lobo do Salas

O delegado territorial explicou que a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vai investir máis de 27.000 euros na edición deste ano

07/09/22 | 12:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias confirma o “sold out” para o concerto de Muse en Balaídos, dentro do programa Xacobeo 21-22, tras venderse 2.000 novas entradas “en tres minutos”

A delegada territorial da Xunta valora a elevada demanda dos novos tíckets vendidos como exemplo do éxito da programación do Xacobeo 21-22

07/09/22 | 12:46 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta participa na presentación do Wos Festival no marco dos concertos do Xacobeo

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na presentación deste festival que terá lugar en diferentes localizacións de alto valor patrimonial de Santiago de Compostela do 8 ao 11 de setembro.

07/09/22 | 11:17 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Arranca en Santiago a VIII edición do Congreso Internacional de la SMYR co apoio da Xunta

Esta cita bianual destaca por ser un dos foros internacionais de maior prestixio e proxección no ámbito dos estudos medievais e renacentistas