Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1388 novas da área temática Agricultura e gandería:

06/05/22 | 13:36 | C. do Medio Rural

A Xunta destaca a importancia das axudas de incorporación de mozos como medio para fomentar a remuda xeracional no agro galego

José Balseiros, que estivo acompañado polo delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, lembrou que só na convocatoria deste ano o Goberno galego destina 15 millóns de euros a esta liña de subvencións

06/05/22 | 13:23 | C. do Medio Rural

A Xunta creará o comité de honra “Spin Rural” para a innovación en Galicia

José González trasladou tamén neste acto que o vindeiro ano organizarase a segunda edición deste evento e felicitou os participantes polo resultado das diferentes mesas redondas e conferencias

06/05/22 | 10:38 | C. do Medio Rural

A Xunta vén de transferir máis de 14,3 M€ a 3.670 beneficiarios das axudas agroambientais e de agricultura ecolóxica da convocatoria da PAC de 2021

O Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), organismo pagador dependente da Consellería do Medio Rural, realizou as correspondentes transferencias que chegarán ás contas dos particulares ao longo da semana que vén

05/05/22 | 15:31 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén sinala ao sector vitivinícola como símbolo de tradición ao mesmo tempo que punteiro en innovación e investigación

O delegado territorial manifestou que o viño contribúe á nosa imaxe de país ade-mais de ser un polo de atracción de visitantes e turistas

04/05/22 | 16:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta promociona en Lugo as 11ª xornadas de portas abertas das Rutas dos Viños, que chegan á Ribeira Sacra do 3 ao 5 de xuño

O delegado territorial, Javier Arias, explica que haberá visitas guiadas ás adegas, rutas, obradoiros infantís, transporte no Bus do Viño e concursos nas redes sociais organizados por Turismo de Galicia

04/05/22 | 13:31 | C. do Medio Rural

Arranca o I Congreso Internacional de Innovación “Spin Rural” organizado pola Xunta

A benvida aos participantes neste evento, que se desenvolve no pazo de Xerlís, na Estrada, correu a cargo da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

03/05/22 | 11:43 | C. do Medio Rural

A Xunta estrea a nova Oficina Agraria Comarcal de Caldas tras acometer a súa remodelación cun investimento de 72.000€

O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde, Juan Manuel Rey, visita esta nova dependencia, emprazada no edificio municipal da Escola de Música e o Obradoiro de Emprego

02/05/22 | 21:33 | C. do Medio Rural

A Xunta equipara as rutas dos viños coa estratexia impulsada co sector que está a vincular a produción co territorio para a desestacionalización e consolidación do turismo galego

José González referiuse así á Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que busca afianzarnos como referente de viños de calidade e como destino enoturístico, aproveitando o impulso do Xacobeo

Tamén aludiu á Lei de recuperación da terra agraria, que está a ser clave para aumentar a produción das distintas denominacións de orixe do viño galegas a través de figuras como os polígonos de viñedo

02/05/22 | 14:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gabriel Alén subliña a importancia da colaboración entre as distintas indicacións xeográficas protexidas para favorecer os recursos enoturísticos de Galicia

O delegado territorial explicou que Viños das IXP de Galicia é un proxecto de cooperación dos grupos de desenvolvemento rural no que colaboran 15 adegas, repartidas entre as catro indicacións xeográficas protexidas de viños da nosa comunidade

02/05/22 | 14:34 | C. do Medio Rural

A Xunta formará en Boqueixón sobre mecanismos de reprodución de colmeas e mellora xenética de raíñas

A acción formativa celebrarase os sábados no lugar de Quián ata o mes de xullo e será impartido polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude en horario de mañá