Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 466 novas da área temática Vivenda:

25/02/21 | 15:44

Fernández-Tapias avanza a celebración dun consello extraordinario do CCVV para abordar Berbés 7 e a nova sede do Consorcio

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada territorial da Xunta presidiu o comité executivo no que se autorizou a compra de Subida ao Castelo 14

24/02/21 | 14:15 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Luis López anuncia que a 2ª fase da rehabilitación das antigas vivendas dos mestres de Cerdedo rematará este verán e poñeranse no mercado para alugueiro social

A Consellería de Vivenda inviste 770.000€ na recuperación de oito casas, cunha superficie de 102 m2 cada unha, tras restaurar as zonas comúns do inmoble e outras dúas vivendas na 1ª fase cunha achega autonómica de 353.000€

24/02/21 | 12:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anuncia a licitación a vindeira semana dunha nova promoción do Consorcio Casco Vello de Vigo en Subida ao Castelo 9

A presidenta do organismo e delegada territorial da Xunta en Vigo visitou hoxe xunto ao arquitecto da obra este inmoble do que obterán dúas novas vivendas

23/02/21 | 16:41

Fernández-Tapias: “fomentar e incentivar o acceso da xente nova a súa primeira vivenda é un obxectivo irrenunciable para a Xunta”

A delegada territorial visitou hoxe a unha das beneficiarias das axudas activadas para a adquisición de inmobles de menores de 35 anos no casco histórico de Vigo

22/02/21 | 15:40

Fernández-Tapias entrega as chaves a tres novos veciños do Casco Vello de Vigo

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo e delegada territorial da Xunta destaca o valioso traballo de recuperación edificatoria e patrimonial do organismo

19/02/21 | 11:06

Medio Ambiente destinará este ano case 3 millóns de euros a axudas para a promoción do parque de vivendas en alugueiro

Ángeles Vázquez inaugura unha xornada ‘online’ para dar a coñecer o Pacto Social pola Vivenda entre o colectivo de construtores e de promotores, aos que agradece a súa participación na redacción do primeiro plan consensuado con todo o sector

18/02/21 | 11:56

Luis López destaca o investimento da Xunta na mellora do parque de vivendas tras dedicar máis de 1,4 M€ a 77 proxectos de eficiencia e conservación na cidade de Pontevedra

O representante autonómico visita, co xefe territorial, José Manuel González, a actuación na fachada e nas instalacións do edificio número 9 de José Millán, con 75 vivendas, que foi cofinanciada con 134.000€ do Goberno galego

15/02/21 | 14:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta apoiou nos últimos tres anos máis de 400 actuacións de mellora de vivendas particulares na provincia de Lugo cun investimento de 4,1 M€

O delegado territorial, Javier Arias, explicou que as obras foron financiadas a través do programa para o fomento da conservación, a seguridade, a accesibilidade e a eficiencia enerxética dos inmobles

15/02/21 | 14:05

A Xunta destina 2 M€ para facilitar un fogar ás vítimas da violencia de xénero e garantir a súa autonomía e independencia

As conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e de Emprego e Igualdade asinan o convenio de colaboración que permite a convocatoria das axudas para facilitar a estas persoas un alugueiro e axudalas a continuar coa súa vida