Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Pesca:

03/12/21 | 17:17

A Xunta lembra a posibilidade de recorrer ás axudas dos Grupos de Acción Local do sector pesqueiro para mellorar a competitividade do marisqueo

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro asistiu á presentación dun vehículo multifunción para o marisqueo a pé adquirido pola confraría de pescadores de Mugardos ao abeiro dun proxecto do GALP Golfo Ártabro Norte

03/12/21 | 14:14

A Xunta perfila co sector a proposta para defender os intereses da pesca galega na próxima revisión da PPC

A titular de Mar entregou ao grupo de traballo creado no seo do Consello Galego de Pesca a proposta de base elaborada pola comunidade co obxectivo de definir a proposta de ditame e a súa redacción para posterior aprobación no pleno

02/12/21 | 16:43

Galicia aposta por unha revisión da política pesqueira común que impulse a remuda xeracional e converta a pesca nunha opción atractiva para a xente nova

A comunidade traballa nunha estratexia ante a posible reforma da PPC que promove o reforzo da cohesión social e económica, a innovación tecnolóxica e a mellora das condicións de traballo e vida a bordo dos buques

02/12/21 | 14:25

A Xunta salienta a formación dual como unha boa fórmula para facilitar a incorporación da xente nova ao sector pesqueiro e impulsar a remuda xeracional

Susana Rodríguez destaca que o Ciclo Dual Superior de Máquinas impartido nos cursos 2019-2020 e 2020-2021 polo Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro do Atlántico de Vigo en colaboración coa Cooperativa de Armadores do Porto de Vigo logrou unha inserción laboral do alumnado superior ao 90%

30/11/21 | 17:02

A Xunta delimita as zonas de extracción de semente de mexillón na costa galega para garantir a súa explotación sustentable xunto coa do percebe

O Executivo galego avaliou nos últimos meses o estado das dúas poboacións e mantivo numerosos contactos coas partes implicadas co obxectivo de acadar unha solución que garanta a convivencia equilibrada e unha axeitada protección dos intereses que concorren na explotación de ambos recursos

30/11/21 | 14:15

A Xunta enxalza o labor clave do Igafa na formación relacionada cos cultivos mariños e o mergullo e na aposta pola remuda xeracional

Susana Rodríguez sinalou que o compromiso do Executivo galego coas ensinanzas marítimo-pesqueiras permitiu que dos centros de formación dependentes da Consellería do Mar saísen máis de 1.700 titulados profesionais na última década

30/11/21 | 14:10

Galicia traslada a Bruxelas que a frota galega deixaría de ser rendible coa posible eliminación das bonificacións aos combustibles na pesca

Así o reflicte un informe da Xunta sobre o posible impacto no sector pesqueiro das distintas propostas da Organización Mundial de Comercio e da Comisión Europea relacionadas coa fiscalidade dos combustibles da frota e que entregou a conselleira do Mar a representantes de distintos departamentos do Executivo comunitario

27/11/21 | 14:19 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca o compromiso da Xunta coa Mariña lucense cun investimento de máis de 80 M€ no sector marítimo-pesqueiro nos últimos anos

Insiste na necesidade de levar a cabo unha transición enerxética xusta tanto no mar como en terra e respectuosa co medio e non unha ruptura que poña en risco miles de empregos

27/11/21 | 12:38

Mañá abre a campaña extractiva da centola na provincia de Lugo

Nas provincias da Coruña e Pontevedra comezou o pasado 7 de novembro atendendo ao que establece o plan de xestión que regula a captura desta especie